¿E agora que, Ánxela?

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Demanda o PP que se aclaren os números desa viaxe, excesiva semella en todos os sentidos, da conselleira Bugallo á Feira do Libro da Habana. Fóra do maior ou menor éxito, réditos e prestixio que a cultura galega poida obter de tal expedición, eu, que me sinto ideolóxicamente dentro do nacionalismo (non do BNG), que me preocupan e ocupan as cousas da terra, pregúntome non só polos números, senón tamén polos nomes. Que alguén me diga quen foron os 200 ocupantes do avión que despegou de Santiago en dirección á Habana.
Argumento con frecuencia que carecemos os galegos dun corpo sólido de intelectuais que nos represente con dignidade. Dentro e fóra. Vivo coa sensación de que habitamos un país onde esta intelectualidade, salvo honrosas excepcións, son xente do montón, sen ningún xenio artístico, ás veces mesmo mediocres. Custiónense cantos artistas, pensadores… coñecen que merezan esa consideración en serio.
Son dos que opinan, como Franco Grande, dialéctica esgotada hai semanas, que queda moi atrás a calidade na creación, que a literatura actual é infinitamente inferior á dos nosos clásicos (¿como non comparar?).
De aí que, entroncado co primeiro dos argumentos desta carta, apelo a quen poida dicirme os nomes e apelidos desa xente que viaxa en representación miña, gastos pagos. Algúns salientounos a prensa (Freixanes, escritor de tres excelentes novelas; Rivas, novelista, xornalista, poeta; Barreiro, presidente da RAG; Villares…nada que obxectar). ¿Os 196 restantes?. Lin nomes de músicos sobrevalorados, outros que non son nada nin foron ata chegar o bipartito. Unha chea encontraron acubillo na política de substitución de Juan Pardo por afectos ao partido, sen ningunha ou pouca calidade musical, gloria parecen dos cargos na Consellería, con méritos descoñecidos que non superarían unha análise medianamente rigorosa. Prefiro calar.
Conselleira, dea conta do que fixo, en quen gastou os fondos de cultura, esquilmados en boa parte no Gaiás, e custiónese con seriedade toda esa pléiade de supostos creadores que se enchufaron por obra súa. Listaxe inmensa polo visto.
Números e nomes, Bugallo. ¿Pasearon polo Malecón? ¿Bañáronse nas praias do leste? ¿Quen? ¿Que?.

Carta ó Director de LA VOZ DE GALICIA de X. Rei (O Grove) 23/02/08


24 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 14:29

Para mín excelente a carta deste veciño de O Grove. Que se gaste 1.000.000 de euros nunha viaxe á Habana a conta de todos nos, asistindo nada menos que 200 persoas, merece unha explicación urxente. Nomes e apelidos, hoteis, facturas. Sempre critiquei ás expedicións masivas de políticos a Sudamérica acompañados por diversas persoas, con custo para o erario público, e co fin de captar votos e pouco máis (charangas, comidas, festas, etc..) Pero que agora os que tanto criticaban, organicen viaxes a Cuba con toda esa comitiva fai que os cidadáns perdan a confianza en todo. Unha vergoña.

veciñamil · 24-02-2008 a las 19:20

Non vou defender ao Bloque nin esta viaxe, pero falar de vergoña o máis devergonzado deste pobo, xa lle vale. Xusto o máis indicado para usar este termo, unha persoa que lle importou un bledo a opinión e o voto dos veciños e lle dou a volta ao sentir popular, de tal xeito que o que tivo máis votos de último no concello, o seguinte que tivo máis votos, o PP de penúltimo, pois no concello pinta moi pouco, logo o seguinte que tivo menos, os expulsados e repudiados mangoneandoo todo (bueno un para ser máis exactos pois o outro é unha figura decorativa e ás veces nin eso) e a que menos quixo o pobo para alcalde, xusto a alcaldesa. A democracia, que entre outras trátase de que fale o pobo, o goberno do pobo para o pobo, pasouna este individuo polo forro dos c… e agora ponse a criticar unha viaxe, da que sen dúbida saberemos máis, e a falar de vergoña, precisamente él.
Hai que botarlle morro. O mundo ao revés.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 19:57

Home, «veciñamil», 200 viaxeiros á Habana (e moitos sen indentificar) a costa dos orzamentos dos galegos, é para mín un gran escándalo.
Os non adscritos non apoiamos ó Sr. Alvarez Angueira e votamos en liberdade respectando a legalidade. Nos non fumos a comer con acompañantes sen identificar, nin pechamos o concello a ninguén, nin nos negamos a aportar facturas de gastos, nin temos que ver con encher depósitos de gasoil do mesmo vehículo do concello con 10 minutos de diferencia, nin levantamos a sesión sen contestar ás preguntas de membros da corporación, etc…
Apartados das siglas do PSOE sí, pero podemos ir coa cabeza alta. Non esquezas, «veciñamil», que seis son máis que cinco.
¿Que temos vergoña? Non home non; nos non fomos a Cuba.

error07 · 24-02-2008 a las 21:20

Me encanta ver la hipocresia de este individuo, me hace mucha gracia. «veciñamil» no acostumbro estar deacuerdo con tus comentarios pero esta vez estoi contigo al 100%, creo que todos escuchamos alguna vez «¡sempre fala o porco que mais cheira!».
La verdad no se que pinta aqui esta entrada, creo que no es uan noticia del pueblo, me lo voi tomar como un ataque de «este» contra el BNG, pensaba que su enemigo era Angueira pero va resultar que son las siglas. Alla tu y tu orgullo, dicen que la ignorancia da la felicidad y si tu eres feliz…

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 21:43

Parece que doe o contido da carta coa opinión do veciño de O Grove. Reitero que para mín e magnífica. Non estou en contra das siglas do BNG. Estou en contra de que 200 persoas vaian a Cuba cos cartos de todos os galegos (gastaron nada menos que UN MILL?N DE EUROS) e de que haxa obscurantismo informativo.
Que queres chamarme porco. Pois alá ti. Poderei ter o cheiro que queiras, pero nin fun a Cuba, nin ocultei gastos, nin comin con acompañantes sen identificar, e moito etc…
Mira, «error07», neste medio pode facer entradas quen queira. Penso que non se debe matar ó mensaxeiro e si xulgar o contido. ¿A ti gustouche semellante despilfarro na viaxe á Habana? ¿A cultura galega precisaba facer ese gasto?.

error07 · 24-02-2008 a las 21:55

No me duele nada, estoy tan encontra como tu pero no me gusta que tu despues de lo que has hecho critiques otras cosas semejantes. No fuiste a Cuba, no acultaste gastos, ni comiste con acompañantes sin identificar, etc… pero tu y otros mas os pasasteis por el forro de los huevos (una vez mas perdon por la expresion) los votos de los ciudadanos de Pontecesures. Que pasa, ¿lo tuyo no es grave por que no «despilfarraste» un millon de euros? siempre pensando en el dinero, yo mas que el dinero valoro mas los hechos, despues se mirara el tema economico.
Por cierto, dices «Estou en contra de que 200 persoas vaian a Cuba cos cartos de todos os galegos» yo te digo: cerca de 2000 personas estamos encontra que gobierne una persona que solo obtuvo en unas votaciones 200 votos! vaya! lo que son los numeros!

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 22:03

Alégrome que esteas en contra desa viaxe. Eu xa din explicacións dabondo sobre o sentido do meu voto o pasado 16 de xuño. Non houbo razóns ocultas e teño a conciencia moi tranquila.

error07 · 24-02-2008 a las 22:07

No te preocupes que Anxela Bugallo tambien ha de tener la conciencia tranquila (y seguramente el estomago lleno)

adiosrios · 24-02-2008 a las 22:38

Coma che gusta a polémica Sabariz. Simplemente, e non son do bloque, das máis que pena.
Por certo, ¿esta entrada a escribiches dende un ordenador da casa de tódolos cesureños ás tantas da noite? Creo, e digollo sinceramente, que vostede e unha personaxe que en vez de facer pobo, resta e crispa. Non teño nada en contra súa. Simplemente creo que lle sobra tempo diante dun ordenador. E dende logo non me parece ético estar na casa do concello as horas que lle plazca, escribindo e falando por teléfono coma se estivese na súa casa.
Boas noites.

xiana cores · 24-02-2008 a las 23:33

Error 07 sabes que lle pasa a Sabariz ve as siglas do BNG pensa en Angueira ponse nervioso e xa perde os papeles.Estas totalmente obsesionado o teu xa chega a ser enfermizo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-02-2008 a las 09:35

Parece que molestou a carta de opinión sobre a viaxe a Cuba e en lugar de debater o contido, para varios intervintes o importante é que fixo a entrada, e que son enfermizo, obsesionado, crispador, etc..
Por certo; igualiño que o que facía o Sr. Alvarez Angueira cando se conseguían datos das irregularidades (comidas, gasoil, pista da Toxa, etc..) En lugar de dar explicacións e aclarar as cousas o importante para él era: «Quen lle pasaría a información», «Por qúe sabe isto», «serían os traballadores do concello», «? un tolo obsesionado», «Me acosa». Que pena, sempre a culpa do mensaxeiro.
Reitero que eu non fun a Cuba e 200 persoas sí, a conta de todos nós, na viaxe da Consellería de Cultura. Queremos saber nomes e apelidos, facturas, hoteis, etc..Iso é o importante.

O AMANTE BILINJUE · 25-02-2008 a las 11:34

Tranquilo Saba, que non o vas saber, porque non cho van a decir. Estos que ían de traballadores, legais e humildes, pronto esqueceron o que representaban, e os feitos os delatan. O único que nos queren inculcar e a cultura do ??grazas?, ??Galiza?, ??Espanha??para sermos galegos de verdade, que os que así non ??façemos? somos galegos de segunda. ¡¡¡Mimadriña, se a metade destes que van de defensores e salvadores do país eran castelán falantes ata hai catro días!!!, i eu que mamei o galego con meus pais e meus avós, non son un bo galego por decir ??gracias?, ??Galicia? i ??España?; si home si. E agora esta viaxiña, de acordo con que a cultura galega tiña que estar presente sí pero, como esixía o veciño do Grove, queremos saber quen nos foi ??representar?, e en que se gastaron os 5.000,00? por cabeza (por 200 cabezas).
Saúdos dende Galicia dun ex-votante do Benegá.

laranxa · 25-02-2008 a las 12:50

!Abraiante!é abraiante que ocorran estas cousas, e mais abriante é comprobar como critican estos feitos persoas que a diario se conectan nesta páxina dende o seu posto de traballo como funcionarios públicos,postos que todos financiamos;é verganzoso.Estou en contra de todos aqueles que amparandose do seu posto utilizan os meus cartos e o de todos contribuintes para uso propio,sean de quen sean.Así que a predicar co exemplo!!,sobre todo a vostede Sr. Sabariz,que pon polo chan coas suas actuacións os funcionarios publicos.A vostede «amante bilingue,benega é un acronimo de Bloque Nacionalista galelo,galego non leva til,polo tanto….

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-02-2008 a las 15:14

Tranquilo, «laranxa». Segues a mesma tese do ataque ó mensaxeiro (eu son indirecto, pois o autor da carta foi un veciño de O Grove). O importante non é o despilfarro da viaxe a Cuba, para tí é desacreditarme. Mal asunto. Se queres defender á conselleira, ou ó BNG sobre esta cuestión faino, Para mín o sucedido coa famosa expedición é unha vergoña. E para moitos galegos tamén. Parece que molesta que realice entradas con novas neste medio e que faga comentarios. Preferides un pobo durmido e desinteresado. Vouche contar unha anécdota no día de hoxe no que hai debate televisado entre Rajoy e Zapatero: Antes das eleccións locais houbo varios debates en TV Salnés entre candidatos dos concellos. Houbo un candidato de Pontecesures que tratou de convencer a dita televisión local para que fora suprimido o debate do noso concello coas seguintes frases: «Vai a haber problemas» «Vai ser crispado», «Non é necesario». Sabes quen foi: o Sr. Alvarez Angueira. Lamentable.
Vexo que vas, «laranxa», pola mesma liña.

Tuso · 25-02-2008 a las 18:49

Con respecto á carta, estou moi dacordo con ela. Bótase en falta a tan cacareada transparencia da que alardeaban algúns. Pero claro, van ter moi dificil xustificar eses viaxeciños e é mellor non contar nada.

(Mi madriña!!! Impresionante a paciencia do Sr. Sabariz durante estes últimos días)

basta · 25-02-2008 a las 21:00

Pois aquí tendes outro que está en total dacordo coa carta. Os máis afíns ao benega, como lle gusta a laranxa que se escriba, creo que tampouco sairon na defensa de A.Bugallo, é máis, penso que case todos repudiaron esta viaxe.
Outra cousa é que apoien que un Sr. publique na páxina da «voz dos Cesureños» un escandolo político en concreto.

Será verdade que calquera pode publicar nesta páxina, non o sei, pero tamén é verdade que os xornais estan cheos de escandalos políticos tódolos dias de todos os partidos e que non é habitual que esta páxina reflexe os escandalos de ámbito autonómico nen nacional, (nen penso que sexa o obxetivo dela). Valorando os antecedentes entre partidos e políticos deste concello, esta publicación é unha PROVOCACI?N.
As respostas non se fixeron esperar.

Antonio Cortés · 26-02-2008 a las 12:26

Calquera pode publicar entradas nesta páxina, pero hai unha condición para eso: para publicar entradas hai que «solicitar» esa opción, sempre se da, pero tamén hai requisito: Esa persona debe indentificarse dalgunha maneira (independientemente de que esto non será público), para que teña un medio directo para axudar no uso da web e facer comentarios privados sobre os formatos das entradas.

Poñer unha entrada ten máis «peso» que poñer un comentario e polo tanto máis responsabilidade, polo que é necesario un «acto de boa fe», coma é perder o anonimáto (so ante o administrador: eu).

Polo demáis, cadaquén, si considera é de interes para os veciños pode publicar entradas, sin maior problema.

O único problema que veño de ver é que parece que a entrada, e o que se debe comentar de ela, é quen a pon e non o que pon.

Cara de cona · 26-02-2008 a las 13:38

Moi ben Saba coa crítica…estos da Habana tampouco se identifican, como os que foron a comer de gorra con Angueira a de Gómez cando era alcalde….tes razón…falaban estos das papadas de Fraga…do merendiñas Albor…
Que iría a Cuba…agora e artista calquera…ou contacontos…ou titiritero…e os consortes..
E a vida…tódos a falar pero defendendo a parentela..
Agora taparán todo, pero seguirán a cobrar os amigos de sempre a conta de xacobeos, e caralladas…xiana a ver cando vamos por aí con Quintana a tomar unha pulpada de puta madre..e o que se leva nesta vida…pregúntalle a angueira..jo…jo…jo

xiana cores · 26-02-2008 a las 16:43

Cando queiras ir a comer unha pulpada con Quintana vas ti que eu non son amiga dese tipo de eventos.Pero bueno o normal e que ti foras con Touriño ou xa viraches a chaqueta outra vez.

Paspallas · 26-02-2008 a las 23:55

Ostrás con Sabariz,,,ataca a morte..non tería un espía en toda a tropa que foi a Habana, sería o parracho que ten mando en praza en Cultura?..
Hai angueira angueira, con sabariz saiuche un tormento do carallo xa decia despois das elección crego na Charca,:.. non esquece nada, comidas, os plenos o soldo de educación os empadronados de Taragoña, Etelvina..e agora sáleche con que presionaches en Telé-Salnés..pareche que ten munición a esgalla
O que che queda…xiana cores e commpañías..haberá que tratar de que trasladen a mosca cojonera para outro sitio…

xiana cores · 27-02-2008 a las 20:21

Non sei se a ti Paspallas che molesta.A min non me molesta nadiña.Porque moito fala do gasoil,das comidas e de todas esas cousas que repite ata que se aburre,xa que non ten outra cousa da que falar.Pero ainda estou esperando a que xudicial mente lle den a razon en algunha cousa.
Ladrar por ladrar palabra de tontos.

aaa · 27-02-2008 a las 21:08

Xiana ¿y a ti que te duele más, ver a Angueira sin mando, o la ulcera que no te cuidas?

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-02-2008 a las 21:34

Por suposto que non trato de molestar a ninguén, «xiana cores». ¿Qué a abúerrete o tema das irregularidades e das actitudes do anterior goberno?. Pois hai a moita xente que non.
Ladrar aínda non ladro. Por exemplo, contei as «suxerencias» do ex alcalde ó persoal do canle para que non se celebrase o debate de Pontecesures en TV Salnés. Houbo xente que me preguntou pola rúa por este tema pois non entendían semellante comportamento dunha persoa que falaba de transparencia e de respecto ós demáis. Estas actitudes, tan tristes nos tempos que vivimos, hai que dalas a coñecer.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-02-2008 a las 16:54

Quedeime curto no custo da viaxe cultural á Habana. Segundo a conselleira ascendeu a, nada menos que, 1.300.000 ?. Hai que engadir os custos da viaxe é estadía dunhas 15 persoas en 2007 para preparar o evento. Tremendo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.