Segue a pavimentación de camiños en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Coa maquinaria e materiais da Deputación comezou a obra para pavimentar tamén o camiño estreito que divide os termos municipais de Pontecesures e Valga. Entrase nel pola rúa dos Namorados (pola man esquerda na dirección Praza dos Valeiros-Parrillada A Charca) e sáese fronte á parrillada. Este camiño estaba practicamente en terra cos conseguintes problemas para o tránsito e incluso de salubridade.
Tamén comezou a limpeza previa para pavimentar o camiño que sae da parte alta da rúa Ullán (pola man esquerda dirección A Estrada-Pontecesures) fronte o camiño que da misma rúa sae para o CPI Pontecesures e que foi asfaltado hai uns anos (pista das Cortinallas en Infesta).

Categorías: Concello

3 comentarios

Paspallas · 27-02-2008 a las 00:05

Decían no victor García, que Rey dirixía por aí as máquinas do chapapote..ata manchou os zapatos e botoulle unha bronca a muller porque manchou toda a escaleira..a da escola teñenna apartada e fora de xogo, Randulfe e o PP non lle dan cancha..deben ter medo por si entra no partido…Díxome un tipo que na de Chaves o outro día había unha conversa acalorada en contra da alcaldesa..e eso que vive ó lado…parece que non gaña votos entre os veciños…

xiana cores · 27-02-2008 a las 20:17

Que vai dirixir Rey si ainda non se da organizado nin dirixido a el mesmo.A metade do dia anda pasmado e coa cabeza no aire.O seu coco non lle da pa tanto.

aaa · 27-02-2008 a las 21:09

Andavan más espabilados Margarita y Ana Portas. Ya no digamos Baliñas…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.