O EXTRUGASA IMPONSE EN PORTONOVO (67 ?? 78) GRACIAS Á BOA DEFENSA E CUN NACHO QUE SEGUE ENRACHADO: HOXE 29 PUNTOS.

Publicado por fru en

PUB LA NOCHE BCTO. PORTONOVO = 67

EXTRUGASA RIO ULLA = 78

Peñaño (11) Gulli (2), Pedrito (5), Diego (-), Victor (-), Pino (14), Nacho (29), Santi (4), Juanjo (-), e Pepi (13).

Primeira das 4 saídas ós 4 equipos que veñen por atrás na táboa, solventada con veteranía polos cesureños. A súa defensa individual durante os 40 minutos parou o ataque dun dos equipos que mais promedio de puntos leva neste campionato. Asi, o equipo está practicamente clasificado para a final a 4, á falta de 6 partidos, inda que o reto é chegar coma líderes destacados a esa final. Hoxe Pepi ( 13 puntos) Pino (14 puntos, 15 rebotes, 5 balons recuperados ?? 2 perdidos) e Nacho (29 puntos, 12 rebotes, e 8 faltas recibidas)* impuxeron a sua lei en ambas zonas da cancha.

Iniciouse o encontro, e foi Pepi quen, ademais de defender con acerto a un dos mellores xogadores desta liga, o aleiro de Portonovo Julio, foi quen de ver aro con facilidade, rompendo de fora-adentro. Coma non ia ser, logo de madrugar mais que ninguén? gracias a él e a Santi no poste o Extrugasa colle as primeiras diferencias no marcador, (4 ?? 8, 6 ?? 12). Pero 2 triplas dos locais empatan o encontro a 12 no minuto 5. Ambos equipos estaban xogando a un alto ritmo anotador, que continuou con Pino e Peñaño: (14 ?? 18) no minuto 8. Unha tripla local e unha perda do Extrugasa permite que os locais se poñan diante 20 ?? 19, pero nacho, que levaba 2 minutos na pista anota a sua primeira canastra para impoñerse 20 ?? 21 o Extrugasa no final do cuarto.

O 2º cuarto, xa sen Julio polos locais, permitiu darlle un descanso a Pepi, xogando no seu sitio Pedrito. O rapaz, cunha tripla, e unha canastra ??imposible? con calidade, mais o acerto de nacho dentro puxeron ó Extrugasa de novo diante con vantaxes: (min 15 25 ?? 32). Pero Portonovo non baixou os brazos, e a base de defensa e contraataque soubo acercarse de novo no marcador, rematando a primeira parte cun 34 ?? 36.

Logo do descanso, o equipo cesureño foise polo partido, Peñaño e Gulli primeiro, mais logo Pino acertaban co aro local, e logo 3 canastras de Nacho e unido á boa defensa lograron un parcial en 5 minutos de 6 ?? 15 (40 ?? 51), superándose por fin os 10 puntos de diferencia. Diferencias que se mantiveron ata o final do cuarto nos 8 ?? 12 puntos, gracias a 2 triplas consecutivas de Peñaño e Pepi, rematando este cuarto 47 ?? 59.

Faltaba a ??puntilla? e esta púxoa Nacho: 10 puntos seguidos del puxeron o marcador nun claro 52 ?? 69 para os cesureños á faltade pouco mais de 5 minutos. Foi todo un recital de recursos ofensivos ó poste por parte súa: superou en todo momento ó par, e incluso á axuda que lle facían. Os últimos minutos, con presión á desesperada por parte dos locais, e favorecidos por haber un só arbitro, logran recuperar varios balóns co que crearon certas dubidas nos cesureños que tiveron que empregarse ata o ultimo ataque, quedando 10 segundos para evitar que a diferencia baixara dos 10 puntos. 67 ?? 78 e Portonovo que perde a imbatibilidade coma locais ante o equipo líder da liga.

* Informacion do planillas ??cachote?, gran labor a súa tamén.

Categorías: Basket Río Ulla

3 comentarios

cachote · 31-03-2008 a las 10:37

Valeu a pena o «madrugón dominical» , foi un partido para ver, con tramos de partido q se convertiron en festivales atacantes polos 2 equipos… Inda q bueno, fru, facendo unha cronica asi xa casi é excusado ir ver os partidos, q xa te enteras de todo o q pasa neles. Faltouche comentar o post-partido no Choco.

Bueno, a ver si se sigue con este nivel de xogo nas próximas salidas , que en teoria son das mais complicadas.

fru · 31-03-2008 a las 16:52

O post-partido entraria no apartado «festas» por que a de onte se non o era, pareciao. Agora a pregunta é ¿cal estaba mellor? ¿A de choco ou a de zamburiñas?
A mais grande está ben claro. ¡ A de pepi ! 🙂

E bueno, a crónica intenta reflexar o que pasou no partido, para todos eses seguidores que temos e que nos leen cada semana, e neso ti tamen tes algo que ver, o «home dos números».

po · 31-03-2008 a las 21:26

que grande nacho!!!

ca sua edad e que siga en tan boa forma..

eso si que é un xogador

eña fru un saudo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.