A climatoloxía obriga a suspender tamén a primeira regata de infantís do calendario galego de piragüismo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os clubes arousáns de piragüismo quedáronse en cuestión de 24 horas sen axenda para esta fin de semana. Un día despois de coñecerse a suspensión da Segunda Regata de Maratón da Copa de España de Ríos, prevista para as dúas vindeiras xornadas, a Federación Galega de Piragüismo anunciou onte o aprazamento da Primeira Regata de Infantís, proba inaugural do Gran Premio de Galicia de Promoción, prevista para mañá en augas de Lugo.
Como no maratón zaragozano, a regata de infantís foi posposta a causa das fortes choivas. Cando menos neste caso os clubes coñecen xa a nova data de celebración da cita, fixada para o día 26 do presente mes.
Desde a Federación Galega de Piragüismo informóuselles aos equipos de que as inscripcións enviadas para a proba de Lugo seguen sendo válidas, e mesmo poden ser ampliadas ata o día 22. Ata o aprazamento os clubes arousáns contaban con 69 palistas apuntados do total de 223, co As Torres (19) e o Piragüismo A Illa (18) á cabeza.

LA VOZ DE GALICIA, 11/04/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.