Nota do BNG de Pontecesures sobre a Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O BNG quer manifestar acerca da XIII Festa da lamprea e da II Feira do automóvil de ocasión o seguinte.

1º. As nosas felicitacións aos organizadores da II feira do automóvil de ocasión (Asociación ??Mirándolle o Dentes?) polo traballo ben realizado e polo gran éxito conquerido, promocionando o nome de Pontecesures por toda Galiza e o estado español. ?xito que levou a unha grande asistencia de visitantes ao noso pobo.

2º Ao parecer do BNG a festa da lamprea convertíuse na cuchipanda do Partido Popular (pagada por todos os vecinos) encabezado pola alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro liberado Rafael Randulfe. Dase a circuntancia que dous da equipa de governo (concelleiros non adscritos Sabariz e Alfonso Diz) non asisten a este importante evento, ni aos actos protocolarios nin á propia degustación. As súas razón terán.

Os feitos son os seguintes:

-multitude de invitacións (máis que nunca). A alcadesa, a maiores do seu marido, ??levou? a xenros, fillos, irmáns, cuñados a comer gratis á carpa xunto coas autoridades invitadas. Non se quedou atrás o Sr . Randulfe, pois levou a ex-ediles do Partido Popular, a menbros da súa lista electoral e a simpatizantes do seu partido, incluso se deu a paradoxa de que un membro da súa lista estaba a vender tickets da lamprea, cando esa persona non é traballadora do concello.

-desconsideración grave cos invitados e autoridades que non eran da súa ??cor política? tratándoos como relleno, e limitándose tanto Maribel Castro como Rafael Randulfe a ??ir detrás? do Presidente da Deputación.

O BNG estos feitos tíldaos de lamentabeis, recordándolle que máis que a festa da lamprea parecía a romería do Monte do Faro. Nas 8 edicións precedentes isto xamáis ocurreu.

Ao noso entender esta festa debería ser a festa de todos os veciños, sen cor político, promocionando un producto tan típico na nosa bisbarra como a lamprea.

Pontecesures, 12 de abril de 2008


2 comentarios

Breogan · 13-04-2008 a las 15:39

Hai que tocarlle os collóns, felicitan a uns por o seu gran labor organizando unha feira, que casualmente pagou o concello e axudou a organizar, e critican o concello pola da lamprea.
? o que hai e non hai mais, pero menos mal que xa pra compensar as supostas invitacións o luns fixeronlle unha festiña os do Benegá!

Hay arrieritos….

Cara de cona · 17-04-2008 a las 18:28

Pero como critican os do bloque as papadas?, se Angueira, o do Gasoil, o Tacón..comeron de gorra a tira de veces…os acompañantes sin identificar na de Gómez con cartos do concello quen eran…jo…jo…jo…e as mariscadas a conta da recaudación da chatarra, que?…e as merendiñas de actos culturais coas de Julián polo morro a comer…que? Hai pillabáns…que Cordo o do PP comeu de gorra o día da lamprea si…pero ó lado voso é un aficionado…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.