Esta noite entraron a roubar na Praza de Abastos causando danos en varios postos.
Polo lateral do edificio e rompendo un groso cristal, persoa ou persoas descoñecidas entraron a roubar na pasada madrugada no edificio da Praza de Abastos de Pontecesures. Entraron en varios postos forzando persianas e portas. Neste momento está a Garda Civil no recinto e foron avisados os titulares dos postos.
Descoñécese ata o momento o importe do substraído aínda que se aprecia bastante carne e froita estragada polo chan.
Ademais de presentar a denuncia agora o concello comunicará esta circunstancia á compañía aseguradora ós efectos oportunos.
3 comentarios
Neto · 5-05-2008 a las 16:57
Sr. Sabariz:
Usted como integrante de este gobierno Municipal, porque no plantea como mejorar el tema de la Seguridad en Pontecesures, ya que últimamente semana si y otra no tenemos noticias similares a estas que afectan a las comercios y establecimientos en los que nadie pernocta.
¿Esperarán a que los delincuentes entren en nuestras casas por las noches y ocurra alguna desgracia en este tranquilo pueblo para tomar medidas al respecto?
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-05-2008 a las 17:44
O da seguridade cidadá, «Neto» é un tema complicado en moitas cidades. Non temos servizo nocturno de policia local e o cuartel de Valga ten poucos efectivos (ahora parece ser que lle asignaron algún efectivo máis). Solicitei en varias ocasiones reforzos á Subdelegación do Goberno, denunciaronse sempre as agresións ó mobiliario urbano e os roubos nos locais públicos (as veces incluso fun cualificado de alarmista). O concello colocou alarmas en varios edificios e noutros ten seguro de roubo, pero é certo que os particulares sentímonos inseguros. Só queda insistir e insistir para que haxa unha patrulla tódalas noites da Garda Civil. Se tivéramos posibilidades económicas para ter máis policías locais, e contar cun servizo nocturno sería bo. Pero ollo, aínda con todo, roubos e incidentes hainos con ou sen patrulla.
Neto · 5-05-2008 a las 18:41
De acuerdo, era solo una inquietud que como vecino me he planteado, y estoy de acuerdo que es una problemática que va más allá del ayuntamiento de Pontecesures. Esperemos que no vaya a mayores….
Un saludo.