Pontecesures pide a Medio Ambiente medidas para evitar máis contaminación no Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A moción presentada polos concelleiros non adscritos, Sabariz e Diz, aprobouse por unanimidade, aínda que os tres concelleiros do BNG (faltaron Luis Ángueira e Cecilia Tarela) cualificaron esta proposta de «brinde ó sol», en palabras do voceiro, Xosé Antonio Baliñas. O nacionalista manifestou que o conselleiro de Medio Ambiente volverá «dar esquinazo» a Sabariz e Diz e cualificou a moción de «oportunista» tralo recente vertido de fuel provinte dunha empresa situada en A Matanza-Padrón.
Sabariz replicou que «o BNG de Catoira tamén a presentou e o de aquí esta durmindo», ó que Baliñas respondeu que a deputada nacionalista Ana Pontón ven de elevar unha pregunta ó Parlamento galego por este asunto. «Moi ben (respondeu Sabariz), pero os concelleiros teñen que facer o seu traballo», polo que propuxo «que veña Ana Pontón de concelleira para aquí e mandar A Baliñas para o Parlamento».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/05/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.