Colocado o novo reloxo electrónico para a «Final Four» de mañá.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe foi colocado no pavillón polideportivo de Pontecesures o novo reloxo electrónico para a final a catro de senior zonal de baloncesto, que comeza mañá con participación do club cesureño.
Tamén foron substituídas un par de luminarias afundidas utilizando un elevador, e agora pola tarde vai chegar unha peza necesaria para que funcionen correctamente os dous paneis indicadores dos 24″ de posesión.


6 comentarios

gallardo · 30-05-2008 a las 16:56

claro arreglades eso e non arreglades a pista do muelle que vergonza desde logo.a min pareceme que o estar fruqui no baloncesto fanselle favores demais, pero para a xente que esta xogando na pista que se amole.saudos

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2008 a las 17:55

Home, «gallardo», o pavillón ten que ter os elementos regulamentarios en condicións para que se xogue a final a catro. Isto non ter que ver coa pista do peirao que hai que arranxar, sí.
Es moi inxusto en atacar ó adestrador do equipo de baloncesto. Máis que recibir favores, hai que agradecerlle a Fruqui os favores que fixo e que segue a facer á tantos xoves cesureños. E sen recibir nada a cambio.

manolo o do bombo · 30-05-2008 a las 20:54

bueno sabariz eso de agradecerlle a fruqui e relativo si esta ahi sera que lle gusta , en eso e igual ca ti, esta por amor o arte, e ahora que e afiliado do psoe.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2008 a las 22:59

De relativo nada «manolo o do bombo». A Fruqui hai que estarlle agradecido polo labor realizado en favor dos xoves, e non tan xoves, desta vila. O da afiliación ó PSOE non sei a que ven.

po · 31-05-2008 a las 00:09

pareceme vergonzoso estos comentarios en contra de fruki…

non sabedes o que fixo este home para que o baloncesto de cesures fose adiante…se non fora por el, non xegariamos a onde esta agora o baloncesto…

xa é hora de que se recoñeza o seu labor no deporte cesureño

Bli · 31-05-2008 a las 00:58

Me parece que a xente fala sin conocimiento de causa, porque fru fixo moito por nos, e sigue facendo pola xuventude de cesures e dos concellos dos arredores. E moi inxusto criticar a sua labor. Gracias por todo o que fixeches por nos e polo que estas a facer. e que dure moitos anos. GRACIAS!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.