O Extrugasa Río Ulla perde a final senior zonal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O campión foi o La Noche Baloncesto de Portonovo que gañou por 56-48 no partido disputado esta tarde no polideportivo cesureño. Ámbolos dous equipos ascenderon, e xogarán na vindeira tempada no grupo A do Campeonato Senior Zonal da Federación Arousana de Baloncesto.
Como no día de onte houbo moito público e un gran ambiente no pavillón.


4 comentarios

po · 1-06-2008 a las 21:26

a aficion esta con vos

os nosos berros polo menos serviron apra algo

po ano ascendemos a autonomica!!!!

veña noraboa fru

uh saudo

O Rei · 2-06-2008 a las 17:32

PARAB?NS para todo o Equipo!!!

Poderías informarnos, Fru, sobre os equipos da Primeira Zonal? Agora supoño que deixaredes de xogar contra Lalín, co que se perde unha «loita» clásica…

Veña, a non descoidarse moito durante o verán, que logo na pretemporada…

hector bermudez · 2-06-2008 a las 19:32

Ponse en coñecemento de xogadores, tecnico, etc que se queren a gravacion do partido integro que se achegen a Radio Valga con pen drive. O son do ultimo cuarto e chungo polos decibelios do pavillon. Noraboa polo ascenso e polas emocións.

fru · 2-06-2008 a las 20:26

A 1ª zonal está formada polos 2 equipos de O Grove, o Arxil, Ribadumia, San Tomé Cambados, Vilanova, Estudiantes Pontevedra, e o Laxe Marín. Descenderon a 2ª Portas e Marin peixegalego.
Agora ascendemos Portonovo e Rio Ulla.

E si, evitamos viaxes coma o de lalín, (onde sempre saes quente do pabellón, sexa a época do ano que sexa o partido alá), ou o de A Lama.

Agora ben, aesta outra liga ten amis competitividade, con 3 – 4 equipos que destacan (Meco do grove, Laxe,, Ribadumia). O resto son dun nivel mais parello, pero similares polo que a igualdade é moi notoría.
Así as diferencias entre os equipos do 4º clasificado (arxil) e o 9ª e descendido (Marin peixegalego) foron tan só de 2 victorias. Nada menos que 6 equipos remataron con 26 a 24 puntos…
Cada partido nesa liga é unha final, e equipos coma Vilanova ou Cambados xogan a evitar o descenso…

Responder a hector bermudez Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.