Pequeno conato de incendio nunha finca do Camiño de San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as 23 horas deste sábado día 14 de xunio detectouse un incendio nuha finca situada na parte traseira dos edificios da Avda. de Vigo situados preto do que está situado o Bar Galicia, con entrada polo Camiño de San Xulián. As chamas (o incendio estaba no comezo) foron apagadas por Protección Civil de Pontecesures que utilizou extintores e despois humedeceu a zona.
Afortunadamente varios veciños que pasaban polo camiño deron a voz de alarma con rapidez evitando o persoal de protección civil que se extendesen as chamas (a maleza está moi crecida e as casas están próximas). ? moi necesario que se proceda a limpeza destas fincas canto antes para evitar riscos de incendio no futuro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.