Gran cea da peña quinielística do Bar Mambís.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O venres día 27 de xuño, ás 21:00 terá lugar esta cea da peña de quinielas «Más vale tarde que nunca» que ten a sede no Bar Mambís, rexentado por Elías Sanmarco, nunha carpa que se instalará no peirao, preto das instalacións de Protección Civil de Pontecesures.
O prezo do menú, que estará servido por Pulpería Mambís (Marisol e Florencio), é de 30 ?, e consistirá en empanada, polbo, churrasco, carne ó caldeiro, rosca, tarta de Santiago, café e licores.
Haberá actuacións musicais e xa están confirmados Luis «Queimada», Manolito «El Pescador» e o humorista Pacheco.
Por suposto, poden asistir os/as non socios/as aboando o prezo do menú.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.