O xefe da zona sur de Portos de Galicia visitou as obras do Náutico.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA CONCELLERÍA DE RELACI?NS INSTITUCIONAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES.

Na mañá de hoxe visitou as instalacións do edificio do Club Náutico no peirao cesureño o Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia, Mateo Ruibal Fernández que asinou xunto coa alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro o acta de recoñocemento final da obra.
Corroborouse que as obras están de acordo co proxecto e coa concesión destes terreos do peirao acordada por Portos de Galicia o 14 de setembro de 2005 (ten unha duración de 15 anos) para estes usos deportivos.
Solicitouse con motivo desta visita, que se procedera a limpeza da maleza existente nas marxes do río Ulla en todo o peirao. O Xefe da Zona Sur manifestou que se ían realizar as xestións oportunas para acometer a citada limpeza.

Pontecesures, 27 de xuño de 2008


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.