Valga: Cando o trigo dá os seus froitos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Valga reviviu onte a colleita do trigo, pero dun xeito moi particular e que para as novas xeracións é toda unha novidade. Un grupo de veciños reuniuse na finca O Pradiño, en Ferreirós, para recoller este cereal dun xeito tradicional, coas mans, ferramentas rudimentarias e pouco máis. Non houbo as modernas máquinas que hoxe facilitan as tarefas do campo, que antano era duro pero tamén divertido, posto que a recolecta significaba un acto social no que os veciños aproveitaban para reunirse e converter o traballo case nunha festa. De feito onte, ó rematar a faena, celebrouse unha merenda para repoñer forzas e aliviar o cansanzo.

Antigamente a colleita do trigo non se limitaba só ó traballo, senón que arredor desta tarefa agrícola realizábanse actos sociais nos que os veciños se reunían e tamén aproveitaban para pasalo ben. Boa mostra deron os veciños de Valga que onte realizaron na finca O Pradiño ­de Loncras, na parroquia de Cordeiro­ a recollida deste cereal de xeito manual e tradicional. ? final a actividade converteuse en toda unha festa na que maiores e máis pequenos se animaron a bailar as pezas que tocaban as pandereteiras de Moldes.
Foi o colofón perfecto para unha tarde que reuniu no lugar de Loncras a preto de cincocentas persoas que non quixeron perder a oportunidade de revivir a tradicional colleita. Incluso se achegaron ata a finca visitantes chegados de San Sebastián e tamén un profesor da Universidade de Santiago, que puideron comprobar como ós maiores de Valga non lle faltan folgos e foron capaces de pañar, só axudados con fouciños, unha leira enteira de trigo. Sen máquinas de ningún tipo, como había que facer cando o traballo no campo era aínda do máis rudimentario e duro.

O trigo recollido ­que fora plantado polos propios veciños no mes de abril­ xuntouse en ??monllos? que foron trasladados ata as instalacións do colexio Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro, onde repousarán ata o sábado. Ese día, pola mañá, os maiores continuarán cos traballos e abrirán os monllos para construir pequenos palleiros. Este é o mellor método para que o trigo seque, madure e se poida separar o grao da palla. Iso faráse o día da malla, que aínda non ten data fixa, pero que se celebrará cando comece o curso escolar para que os nenos ­que onte acudiron en cantidade a Loncras­ poidan comprobar como se realizaba hai décadas esta tarefa. A partir de agora o papel dos rapaces será máis activo xa que, ademáis de mallar o cereal, tamén poderán comprobar cómo se realiza a moenda e convertir, coas súas propias mans, a fariña en saboroso pan.

Merenda opípara > Por certo, que onte tamén houbo en Ferreirós, unha opípara merenda para os participantes na colleita, que repuxeron forzas con sardiñas en conserva, chourizos caseiros e queixo, todo acompañado con pan de trigo e millo e regado cun bo viño tinto de Barrantes.

Ese foi o punto no que o traballo se convirteu en festa e no que os veciños que se deron cita na finca O Pradiño comezaron a desenfadarse para bailar unhas muiñeiras e coplas ó son das pandeiretas e as castañolas.

Esta iniciativa formou parte da segunda edición do Encontro Interxeracional de Valga, que o Concello puxo en marcha o ano pasado co obxectivo de que nenos e maiores do municipio puideran realizar actividades conxuntas ó tempo que estas dúas xeracións de valgueses, separadas por varias décadas de tempo, poden aprender cousas unha da outra.

Por outra banda, a colleita, ó igual que ocurriu en abril coa sementeira, permiten recuperar o patrimonio cultural inmaterial da localidade, neste caso no sector agrario.

DIARIO DE AROUSA, 14/08/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.