Obras de Medio Rural en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Consellería do Medio Rural adxudicou hai uns días a Medio Ambiente CAAMA?O S.L. tres obras que afronta directamente a consellería en Pontecesures a traves do Plan de Infrastruturas Municipais 2008. Son as seguintes:

-??Saneamento da rúa do Campo? en Porto. Nesta obra vanse colocar 146 metros lineais de tubaría de alcantarillado nuha zona da rúa do Campo actualmente sen servizo, para levar estas augas á rede xeral da rúa Calera.

-??Pavimentación de pista en Paxareira?. Vaise botar un firme a unha pequena pista que parte da principal deste lugar.

-??Ampliación de Camiño en Toxa e Carreiras?. Vaise gañar anchura nun camiño estreito reconstruíndo un muro á altura da vivenda situada en Toxa nº 5, logo da cesión dun particular dun terreo para dito ancheamento.

O importe destas tres obras é de 49.893,21 ? e comezarán en outubro. A primeira en realizarse será a da Toxa, pois o muro actual que se vai reconstruir co retranqueo correspondente está moi deteriorado e hai risco de derrubo.

Luis Ángel Sabariz Rolán


10 comentarios

Tiroliro II · 11-09-2008 a las 19:44

Caramba para Medio Rural do bloque que solta a xarda para Cesures cun goberno traidor para eles, claro que alí esta o delegado da Estrada que non podía ver a angueira nin en cromos por trapalleiro coas obras que fixeron, levase mellor con estes, increible,angueira alí esta vetado, o conselleiro Canal veu a Cesures na campaña e enganarono, haber si a cecilia que parece unha figura despraza os que veñen enmerdados de atras.

checha · 13-09-2008 a las 02:44

E non teño que desprazar a ninguen.Xa que non entrei na politica para iso.Ademais tamen teño que reconocer que Medio Rural o meu entender e das consellerias que mellor funciona.Pero tamen e porque ten un señor mandatario o frente.
A miña forma de pensar e que as axudas nunca deberian de ser partidistas.Senon que se deben de mirar as necesidades de cada concello e punto.
E o delegado da Estrada non deixa de ser como ben dis un simple delegado.
E que eu sepa ninguen esta vetado en ningun sitio so creo que a tua imaxinación traballa mais da conta.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2008 a las 16:04

Non, «checha», non. Parece que subestimas ó delegado do Medio Rural, Gonzalo Constenla, ó denominalo «simple delegado». Sempre foi comprensivo cos problemas de Pontecesures en materia de infraestruturas e ten capacidade de decisión, muller.

estudiante · 13-09-2008 a las 20:50

E que pasou ca adminsitración electrónica que lle pedistes a Industria.
Non dixeches nada cando non vos deron un can, porque o proxecto presentado na Xunta era unha merd…(como dicía Maleni do Plan Jalicia)
Porque non acudistedes onda Louzán homiño.
Saleu no DOG denejado por baixa calidade ou aljo así poñía, e como calastes paxaro.

estudiante · 13-09-2008 a las 20:53

E que pasou co Centro de Día.
CAndo informástes neste medio e na prensa non dixeches claramente que vos fora denejado, máis ben enrrollastes todo con que necesitaba melloras o proxecto, etc, etc, pero de centro de día, rien de rien.
Tampouco aquí eres claro paxariño.
Informas do que queres.

estudiante · 13-09-2008 a las 21:02

Póñente fino no blog os do bloque pero ti aquí non puxeches nada. Claro non che interesa.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2008 a las 23:07

A min o da administración electrónica impórtame bastante menos que a cuestión do deporte. En canto ó Centro de Día, nin está concedido nin denegado. O Sr. Quintana dixo na campaña electoral que se construiría e pouco máis. Hai un proxecto de obra redactado, pero hai que asinar un convenio con Vicepresidencia en canto á financiación da obra (75%-25%). Realmente non sei se a Xunta está polo labor.
A mín «estudiante» poderasme chamar de todo, pero non que oculto información. ? verdade que hai unha nota do BNG, que vou poñer agora como entrada,(maña sairá na prensa, imaxínome) no seu blog, pero eu non o sabía. Sempre poño as súas notas enteiras.
Estou dando a cara, «estudiante» con nome e apelidos. ? moi doado dicir por dicir que manipulo todo. Ti precisamente sabes que non é verdad. Dixéchesmo moitas veces hai tempo. ¿Xa non te lembras?. E das actitudes e prácticas do ex alcalde, ¿Tampouco te lembras?. Cando falla a memoria interesadamente, malo.

estudiante · 15-09-2008 a las 11:14

Equivócaste comijo Sabariz, ti sí que manipulas é moito. Nunca che puden dicir eu hai tempo o contrario. Ti eres un manipulador e mentireiro profesional, sobre todo mentireiro. Outra cousa é que mintas ben ou mal, pero nas mentiras acaba caindo un, más cedo ou más tarde.
Como ben dixo Abr

estudiante · 15-09-2008 a las 11:17

Como ben dixo Abrahan Lincolm podes engañar a aljúns todo o tempo, pero non podes enjañar a todo o mundo todo o tempo, e ti precisamente xa enjanas a pouca xente e non creo que o poidas facer todo o tempo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-09-2008 a las 14:05

Pois xa voltamos ó de sempre. Non hai argumentos e se me chama mentireiro. Xa dixen moitas veces que a mentira non vai conmigo pero o que diga «estudiante» tampouco importa demasiado. Como escribin outras veces, «nada nuevo bajo el sol».
O mellor é que Medio Rural, como se reflicte nesta nova, executa obras en Pontecesures.

Responder a estudiante Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.