Cultura e Deporte non concede subvención algunha ó concello de Pontecesures para instalacións deportivas en 2008.
No Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2008, saíu publicada a orde de 5 de marzo de 2008 pola que se aprobaban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de obras de infraestrutura deportiva de titularidade pública ou privada e para a adquisición de equipamentos deportivos. Agora publicase a resolución desta orde.
O Concello de Pontecesures solicitou axuda para a instalación do marcador no pavillón municipal (orzamento: 3.251,97 ?) e para acondicionar par ximnasio unha zona do propio pavillón (orzamento: 63.386,23 ?). Ámbalas dúas solicitudes foron denegadas.
11 comentarios
estudiante · 12-09-2008 a las 16:48
? unha mágoa e ninjén debe porse conento por esto, nin os do bloque e moito menos os outros.
Voto en falta aquí o comentario de Tiroliro II que parece que se burlaba de aljén na entraa de que Medio Rural lle había dado axuda a Pontecesures, porque bla, bla, bla.
E ajora?
Tiroliro II · 12-09-2008 a las 18:21
Medio Rural da cartos porque Canal e un bo tipo e traballa, os de Cultura e Deportes, son os dos contratos ós amigos do bloque con empresas de cultura, os que foron a Habana de carallada, estes os que non sen deles jodenos, agora non dan nin simple marcador para os rapaces do baloncesto. para ir a Habana máis de un millón de euros, para os deportistas de cesures 0 euros, haber que nos di cecilia de tanta magnanimidade
Cara de cona · 12-09-2008 a las 18:46
E logo que esperadaves…ou non vos acordades cando angueira pideu os do Bloque de SAntiago que non mandaran a ITv as feiras do automovil e que non diran subvencións o goberno traidor….o ferrriño negouno logo como Pedro…pero sabeo todo o mundo estudante e tamén o dos calcetíns..jo..jo..jo
po · 12-09-2008 a las 22:03
é unha magoa..ca falta que fai un marcador e un ximnasio o pavillon de pontecesures…
espero qeu o goberno siga a pedir eses cartos para o baloncesto local, e non se olvide del
checha · 12-09-2008 a las 22:20
Que pensabas que ia a decir Tiroliro.Claro que e unha magoa.O pavillon necesita un lavado de cara enteiro.Pero de todos os cartos que se van gastar no campo de futbol que e unha barbaridade pudose repartir para os dous sitios.
Pero tamen polo que vexo ben unha subvención de material para o Clube mautico.Asi que por un lado ou polo outro veñen cartos que eso e o importante.
O que pasa que non veñen para que os gestione o concello enton xa non os contan.Pois son para infraestructuras deportivas asi que temos que estar contentos.E os que non estean que vaian a cultura a pedilos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 12-09-2008 a las 22:41
A subvención concedida ó Club Náutico é para material, non para infraestruturas, «checha». ? obvio que se Cultura e Deporte non concedeu nin un euro para o pavillón haberá que tentalo noutros organismos.
checha · 13-09-2008 a las 02:34
Xa o sei equivoqueime.Pois iso e o que tendes que facer que para eso estades gobernando.O problema e que vaiades outra vez a Deputación e nos saia outra salsa coma a do campo de futbol.Xa que as axudas da Deputación saen un pouco caras e as de Cultura son mais baratas.
Pero o que si me fastidia e que achaquedes esto a que Cultura e do BNG.Xa que si imos a iso a Deputación facia o mesmo cando gobernaba o BNG.E tivo que entrar Randulfe no goberno para que Louzan soltase cartos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2008 a las 13:26
Para xustificar que a Consellería da túa cor política non dira subvención algunha para estas actuacións no pavillón, non hai que criticar o campo de fútbol nin a subvención da Deputación.
Muller, o denegación da axuda de Cultura e Deportes haberá que achacala a esta consellería. ¿A quen senón?.
checha · 13-09-2008 a las 15:02
Non estou xustificando a ningunha conselleira da miña cor politica como ti dis.Senon volve a leer o meu comentario.So fixen unha comparativa.
Pero parece que sempre queres retorcer os meus comentarios.
checha · 13-09-2008 a las 15:07
A outra cousa dende cando critiquei eu a obra do campo de futbol.Eu critico os custos que ten que poñer o concello por esta obra.Pero nunca critiquei como quedaran as melloras que se fixeron.
Mal interpretas todo o que digo parece que che molesta que opine.Pois que sepas que tes dous problemas que che moleste e que che deixe de molestar.Porque creo que ia sendo hora que nesta paxina entrara alquen para debatir contigo e a xente supera mais opinións.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2008 a las 15:58
Non te enfades muller. Non pretende retorcer nada. O Concello de Pontecesures tivo que achegar na obra do Club Náutico, afrontada pola Consellería de Cultura e Deportes,un 20% do custo orixinario. Despois como a Xunta afrontou novas obras esa achega pasou a ser do 10%, aproximadamente.
No campo de futbol o concello ten que facer unha achega do 25% do importe da obra realizada pola Deputación. Esta porcentaxe é a mesma en tódolos campos que acomete o organismo provincial nos distintos municipios.
Mira, «checha». Eu opino, tí opinas…e poden opinar os que queiran. Os letores valorarán os comentarios dos intervintes. Así de sinxelo.