Baremo de valoración para selección de monitor deportivo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1).- Experiencia profesional.- Máximo 3 puntos en total.

Valoraranse traballos prestados nas diferentes administracións públicas e en empresas privadas como MONITOR DEPORTIVO. A puntuación outorgarase por meses efectivos de traballo a xornada completa. As contratacións a tempo parcial ratearanse segundo corresponda e o resto de días soltos sumarán meses se alcanzan o número de 30.

As puntuacións serán:

– Experiencia como ??Monitor Deportivo?, en calquera Administración Pública: 0.25 puntos/mes.
– Experiencia como ??Monitor Deportivo? na empresa privada: 0.15 puntos/mes.

Esta experiencia laboral acreditarase mediante copia dos contratos de traballo.

2).- Estudios: – Máximo 1.5 puntos en total.

– Licenciatura en Educación Física: 0.75 puntos.
– Diplomatura en Maxisterio, especialidade ??Educación Física?: 0.50 puntos
– Ciclo Superior de Actividades Fisico-Deportivas 0.25 puntos

3).- Formación Complementaria. – Máximo de 3 puntos.

Por cada Curso, Xornada, Master ou similar relacionado co posto, puntuarase segundo o seguinte baremo:

– Cunha duracion de ata 20 h.: 0.10 puntos
– De 21 a 50 horas: 0.20 puntos
– De 51 a 150 horas 0.30 puntos
– De 151 horas en adiante 0.40 puntos.

4).- Entrevista persoal. Máximo 2 puntos.

Os candidatos que, unha vez valorados os méritos, teñan a posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado, realizarán unha entrevista persoal que versará sobre as tarefas a desenvolver no posto de Monitor Deportivo.
A tal efecto, serán citados telefonicamente logo de publicarse a lista de valoración de méritos, onde asemade aparecerán os candidatos que se deben de presentar á entrevista da que se fixará data e hora polo tribunal seleccionador.

Categorías: ConcelloDeportes

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.