Pontecesures renovará el alumbrado de cuatro calles.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

PROPOSTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

Logo da solicitude realizada por este Concello, a Deputación de Pontevedra enviou o texto do convenio, no que se prevé a dotación de novo alumeado para as rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García. Elaborouse así un proxecto elaborado polo arquitecto Carlos D. Besada Ferreiro, por un importe de 238.957,26 ?. Desta contía global, a Deputación achega 215.061 ?, e o Concello 23,895,73 ?.

Analizado o texto do convenio, proponse ó pleno a adopción do seguinte acordo:

1.Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures para instalación de novo alumeado en estradas de Pontecesures, que consta de nove cláusulas, comprometéndose ó cumprimento das obrigas para o Concello que se reflicten no mesmo.

2.Comprometerse a realizar unha achega de 23,895,73 nos prazos que figuran na cláusula terceira do convenio, coa seguinte distribución:
-Na anualidade de 2008 destinaranse 14.056,31 ?
-Na anualidade de 2009 destinaranse 9.839,42 ?

3.Facultar á alcaldía para a sinatura do documento.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.