Voltas e reviravoltas para despedir o 2008 en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os rapaces foron os grandes protagonistas da exhibición.

O pavillón municipal de Cordeiro foi escenario, na tarde de onte, dunha exhibición de patinaxe artística.
Os rapaces e rapazas que acuden cada semana á actividade no pavillón tiveron a oportunidade de demostrarlles aos seus pais e a todos cantos se congregaron no graderío do moito que se pode aprender en tan pouco tempo, xa que esta é a primeira vez que se organiza esta actividade no municipio.

Piruetas, volteretas, equilibrios e demais conformaron un repertorio do máis variado e que conseguiu manter ao público coas mans quentes de tanto aplaudirlles aos artistas.

Como soe ser habitual, eran os pais os que se vían máis nerviosos que os propios participantes, que non paraban de facer exercicios de quecemento instantes antes do comezo da mostra, que se iniciou arredor das cinco da tarde, nas instalacións municipais do Concello de Valga.

Música > Pero se por algo se caracterizan este tipo de actividades é polos fondos musicais que lles dan vida ás coreografías. Dende a música máis actual ata os clásicos de toda a vida fixeron que tanto pais como rapaces gozaran non só cos movementos, senón tamén coas sintonías coas que danzaban ao son os deportistas valgueses.

Baixo a atenta e nerviosa mirada da súa monitora, Olalla, e do director do Ximnasio Municipal, Toño, os rapaces facían coreografías, para moitos, imposibles, montados nos seus patíns.

Agora haberá que agardar se estas aventuras que saben facer montados sobre catro rodas serán quen de facelas subidos en patíns de xeo, para así saír vitoriosos das xeadas que nos acompañaron durante estes días e que conseguiron que máis dun a bo seguro levara unha importante caída, a ser posible, sen facerse dano.

DIARIO DE AROUSA, 28/12/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.