Novas gamberradas na pasada noite en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na pasada noite unha ou varias persoas entraron nas instalacións de Grúas Estación preto da zona portuaria de Pontecesures (rúa Eugenio Escuredo) e puxeron en marcha o motor de catro elevadores no recinto. Foi un empregado municipal de limpeza o que apagou a maquinaria a primeira hora da mañá.
Na rúa Carlos Maside foi obxecto de pintadas de cor negra unha furgoneta branca propiedad de C.J.D., residente en Pontecesures.
Por outra banda, os descoñecidos tentaron volcar dous contedores para a recollida de cartón (un na praza de Pontevedra e outro na rúa Portarraxoi), que se atopan agora inclinados. Chamouse á empresa responsable da limpeza para que se vacie o cartón con carácter inmediato porque os dispositivos poden desplomarse sobre a calzada en calquera momento.
Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil de Valga


3 comentarios

Antonio Cortés · 30-12-2008 a las 21:46

Como desexo para o ano que ven: Que poñan a bo recaudo a esta panda de impresentables. Non me podo creer que, nun pobo tan pequeño, a cantidade de actos vandálicos que estamos a sufrir non teñan unha cara, un nome, …

Todos fomos novos, pero a diversión é unha cousa e o vandalismo, claramente outra, educación e respeto é o que fai falla.

pandorcas · 2-01-2009 a las 15:40

COMO NON PARA TODOS «MOI BON ANO 2009»
Se pode ser cun paso elevado na curva da estrada para pasar dende s. Xulián e non cun paso de peóns.
Ademais de todas as necesidades que require o pobo.
Que serán utiles para os empadroaos e foraneos.

Cara de cona · 2-01-2009 a las 18:42

Tamñen desexo bo ano 2009….e co asunto do gasoil do patrol de obras resolto na xustiza…e cos responsables do bloque inhabilitados…que che parece pandorcas?…estarás de acordo non?..jo..jo…jo..
Haber si collen tamén oas das gamberradas….

Responder a pandorcas Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.