• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sociedade / A ledicia de cumprir cincuenta anos xuntos en Cordeiro

A ledicia de cumprir cincuenta anos xuntos en Cordeiro

2-01-2009 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

Os cinco matrimonios homenaxeados recibiron uns agasallos de mans do párroco.

A parroquia valguesa de Cordeiro foi escenario o pasado domingo dunha celebración moi especial xa que cinco matrimonios celebraron de maneira conxunta as súas vodas de ouro, ou o que é o mesmo, cincuenta anos xuntos.
Eran as doce do mediodía cando comezaba a celebración eucarística. O que para algúns foi unha misa máis, para cinco familias de Cordeiro foi unha xornada especial posto que cinco matrimonios quixeron aproveitar a conmemoración do día da Sagrada Familia para celebrar de maneira conxunta as súas vodas de ouro.

Ramón Pereira e Ramona Rodríguez, José Castromán e Candelaria López, Ramón Bandín e Felicitas Pardal, Francisco Conde e Inés Bouzón, e José Luis Cerneira e Ramona Feijóo foron os protagonistas dunha festa na que, aínda que non houbo intercambio de alianzas, si que primou o protagonismo destes cinco matrimonios, que quixeron compartir con toda a comunidade parroquial a celebración eucarística.

Agasallos.
Pero todos e cada un dos cinco protagonistas do evento foron obsequiados ao remate da celebración cunha pequena lembranza que lles entregou o párroco, don Xesús Pazos García, e o Padre Luis Amor, que foi o encargado de presidir a celebración eucarística o pasado domingo, que ademais coincidía coa festividade do Día dos Inocentes.

Aínda que algunhas das parellas xa festexaran de maneira individual este importante acontecemento, todos quixeron xuntarse para esta ocasión especial e así celebrar tamén o Nadal con todos os membros das súas familias.

O ritual eucarístico rematou, como non podía ser doutro xeito, cun forte aplauso por parte dos parroquianos asistentes á última misa dominical.

DIARIO DE AROUSA, 02/12/08

Archivado en:Sociedade Etiquetado con:Diario de Arousa, festividad, Pontecesures, xunta

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Lamprea: el vampiro vampirizado,
  • Tiempo de lamprea con Miguel Piñeiro.
  • DATOS COVID PUBLICADOS HOXE VENRES 26-02
  • BANDO PROXIMAS CONTRATACIÓNS DE PERSOAL
  • O CONCELLO DE PONTECESURES LEMBRA A ROSALIA DE CASTRO NA DATA DO SEU ANIVERSARIO.

Comentarios recientes

  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

correo gallego padrón concurso Maneiro lamprea la voz de galicia iglesia Concello tripartito pp sábado fiesta fútbol Pontevedra BNG Historia Porto fin de semana Campaña Diario de Arousa plaza sar Pontecesures festa valga curso río ulla Ulla Catoira Caldas Angueira faro de vigo xunta Vilagarcía obras protección civil santiago pleno n-550 tren a ponte ACP psoe sabariz Vigo

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños