Mañá, día 7 de xaneiro, celébrase en Pontecesures o Día do Patrón San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O actos, de mañá, que é festivo local en Pontecesures, serán os seguintes:

-Dende ás 10:45 horas pasarrúas a cargo dun grupo de gaiteiros da comarca.

-Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial de San Xulián de Requeixo en Pontecesures, oficiada polo párroco, Arturo Lores Santamaría, e cantada por un coro de Vilanova de Arousa.

-Ao rematar a misa, será servido, pola Parroquia, baixo a carpa da Plazuela, un viño galego e un aperitivo. O párroco quere convidar aos cesureños neste día da festa do patrón.

-Ás 19:30 horas celebrarase na Igrexa Paroquial un certamen de corais, no que participarán o Coro Xuvenil Clave de Sol de Vilariño (Cambados), a Coral das Aulas da Terceira Idade de Padrón e o Coro ??A Barcarola? de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.