Arte e solidariedade, un binomio perfecto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os cadros atópanse expostos na Casa Consistorial valguesa.

A Casa do Concello de Valga convertiuse por uns días en sala de exposicións e quixo facelo por unha causa solidaria: Para axudar á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, entidade coa que colaboran dende hai uns anos traendo nenos desta zona africana.
Valga puxo o consistorio e Adeval a arte dos seus compoñentes, aos que a Asociación agradece enormente esta achega xa que os artistas ceden os seus cadros para esta mostra coa que intentan recadar fondos da venda das obras de arte.

Cadros de diversos tamaños, estilos e importes poden servir para que, aínda que o tempo de obsequiar aos amigos e familiares pasara, todos os que queiran fagan un agasallo solidario que tamén vai servir para vestir distintos lugares coa arte feita por xente ??da casa?.

Temática > As pezas, que se atopan no acceso ao segundo andar da Casa Consistorial de Valga, están a darlle unha cor diferente durante estes días festivos ao edificio administrativo, que non é a primeira vez que acolle un evento deste tipo nas súas instalacións.

Bodegóns, retratos de animais, ou monumentos compoñen as máis de vinte pezas que se poden visitar en Valga ata mañá venres en horario de oficina.

Dende a Asociación Adeval quixeron colaborar desta maneira coa asociación galega e achegar así o seu grao de area. Así, poñen á venda unha parte das obras que se atopan no Consistorio e o seu prezo oscila entre os cincuenta e os cinconcentos euros co que todos os que estean interesados en facer un agasallo, aínda que sexa cuns días de retraso, teñen que achegarse ata a Casa do Concello de Valga, en horario de oficina, onde poderán contemplar as obras que se poden adquirir, así como os nomes dos seus creadores.

DIARIO DE AROUSA, 08/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.