Una veciña da Devesa morre nas augas do canle de derivación do Sar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 16:15 e tras localizar o coche que se precipitou a dito canle ás dúas da pasada madrugada, os mergulladores da Garda Civil sacaron dun Renault Clío de cor azul, o cadáver de Alicia Míguez Cespón, de 24 anos, veciña de Devesa 83, Valga (a carón do Cagaxol de Pontecesures).
Alicia era filla de José Miguez, que foi carteiro de Pontecesures moitos anos. No operativo da busca e identificación participaron ademais da Garda Civil, membros de Protección Civil de Padrón, e o coche foi localizado a uns dez metros de onde se precipitou o canle, baixo a ponte do vial de acceso á autopista.
O cadáver foi trasladado ó Hospital de Conxo para lle facer a autopsia.
Descanse en paz.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.