A SUPERORQUESTRA «LOS SAT?LITES» ESTARÁ ESTE XOVES 12 DE FEBREIRO NO PROGRAMA «PALCO DE ESTRELAS» DE RADIO VALGA

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Este xoves 12 de febreiro,no programa lider de audiencia das tardes-noites-madrugadas dos xoves na zona, «Palco de Estrelas» de Radio Valga 107.4 FM, que dirixe Daniel Seijas Llerena, contará cuns convidados moi especiais. Esa noite virán ós estudios de Radio Valga parte dos compoñentes dunha das formacións musicais máis importantes de España,e considerada por moitos entendidos a mellor orquestra de Galicia e España,coma son » LOS SAT?LITES» da Coruña.

[photopress:70.jpg,full]

Está previsto que a acudan os seus tres vocalistas ,Eric Hidalgo,Alma Beatriz e Jose Manuel «Noly», asi coma o seu trombonista, director e xefe,Francisco Javier Saavedra, natural dunha terra de grandes músicos,coma é Taragoña.

A orquestra Los Satélites, cumpliron o ano pasado 70 anos de historia , polo que aproveitando o acontecemento, editaron dous discos.O primeiro titulado «Sempre Pucho» adicado a un dos seus máis afamados vocalistas,Pucho Boedo.A lista de temas deste disco o compoñen grandes éxitos de «Los Tamara» tocados con novos arranxos feitos para á orquestra e no que a voz a puxeron artístistas coma Paco Lodeiro,Miguelón ou ex-vocalistas de Los Satélites,coma Sito Sedes ou Luz Alonso. E por outra banda,o segundo disco «70 aniversario»,que saía en novembro,ven sendo xa un disco propiamente «100% satélites», coa inclusión de moitos novos temas arranxados ou compostos en exclusiva para esta formación,combinados coa reactualización de outras cancións que marcaron ou marcan un selo na orquestra Los Satélites.

Tamén está previsto realizar para esta primavera, unha gala especial para celebrar o «70 aniversario» no Palacio da ?pera da Coruña.

Actualmente a orquestra a forman 14 compoñentes,descando por ser a única orquestra galega,en posuir unha sección de vento,formada por 7 musicos : 3 saxos,3 trompetas e 1 trombón.

A dita agrupación conta con «S.L.Espectáculos» de Cesures, coma representante para a comarca.

Así que si queredes saber un pouco máis sobre a historia e actualidade desta orquestra,teredes que escoitar a entrevista en «Palco de Estrelas»,este xoves,despois da axenda festeira e dos «santos»,así que sobre as 21,30h. e 21.45h. comezará a entrevista….e ademais nesa noite,a partir das 00h. comeza xa a propaganda electoral (seguramente antes que en ningunha outra emisora de Galicia)


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.