Acta da selección de dúas auxiliares administrativos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a 31 de agosto de 2009, sendo as 10 h, reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de auxiliar administrativo, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo en calidade de ointe D. Francisco Freiría Oliveira representante sindical dos traballadores do concello.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar con cada unha das aspirantes, así como a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección da Orde do 29 de decembro de 2008 que regula os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo. Compleméntase o proceso selectivo cunha entrevista persoal valorando os coñecementos e experiencia profesional para poder levar a cabo os cometidos do posto de traballo. A continuación establecéronse as probas informáticas cas que os/as aspirantes van ter que demostrar os coñecementos informáticos que posuen.

Iniciado o acto chamase ós/ás dazasete candidatos/as de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: Yolanda Alvarez Angueira, Stella Maris Comparada Mosquera, Concepción Enrique Cordo, Simón Gándara Cortés, Mª del Carmen Garaban Paz, Natalia Gómez Cajaraville, Mª del Carmen Iglesias González, Mª Jesús Lopez Souto, Sonia Lueiro Pereira, Mª Teresa Magariños Iglesias, Cristina Pardal Pardal, Rosa Mª Rey Castiñeiras, Mª Luz Rodríguez Potel, Rubén Rodríguez González, Mª Concepción Souto Villasante, e Eva Mª Villar Matos.

Non se presentou Susana Dopazo Rodriguez. Renunciou ó posto: Rubén Rodríguez González.

Primeiramente os/as quince candidataos/as cubren a ficha de datos persoais, para seguidamente proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. Posteriormente fixeron unha proba de informática consistente nun cuestionario ó que tiñan que contestar 20 preguntas relacionadas con cuestións informáticas; e logo unha proba de ordenador onde tiñan que realizar un suposto práctico, que consistía na elaboración dun escrito dirixido ó concello.

A puntuación total aplicado o baremo e realizada a entrevista, máis a suma da puntuacións das probas de coñecemento informático obtida pola aspirante que superou dita proba informática foi a seguinte:

– Mª del Carmen Iglesias González… 7,40 puntos.
– Concepción Enrique Cordo………… 7,00 puntos.
– Yolanda Alvarez Angueira………….. 6,60 puntos.
– Rosa Mª Rey Castiñeiras………….. 6,50 puntos.
– Mª Luz Rodríguez Potel…………… 5,90 puntos.
– Simón Gándara Cortés………………. 5,60 puntos.
– Sonia Lueiro Pereira…………………. 5,10 puntos.
– Natalia Gómez Cajaraville…………. 5,05 puntos.
– Cristina Pardal Pardal………………. 4,80 puntos.
– Eva Mª Villar Matos………………… 4,75 puntos.
– Mª Concepción Souto Villasante.. 4,45 puntos.
– Mª Jesús Lopez Souto……………….. 3,55 puntos
– Stella Maris Comparada Mosquera. 3,00 puntos.
– Mª del Carmen Garaban Paz………. 2,80 puntos.
– Mª Teresa Magariños Iglesias……. 2,55 puntos.

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostas por este órgano de selección para seres contratadas a: Mª del Carmen Iglesias González e Concepción Enrique Cordo.

De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.


2 comentarios

kaos_todosirve · 3-09-2009 a las 08:42

Presumindo a condición de persoal laboral do actuante como ??secretario? nestas comisións de selección, para clarexamento e o ben facer as cousas, hai que recordar que esta actuación sería perfectamente impugnable por carecer o fedatario público que é o que fai o ??secretario? desta comisión, da súa primeira condición para selo; o fedatario público ha de estar investido do carácter de funcionario; (o estatuto do funcionario é a lei da función pública (en orixe) e o estatuto dos traballadores é o ámbito estatutario do persoal laboral). Esta selección de persoal faise nunha Administración Pública que actúa directamente, non se está a facer noutro ??ente?. Unha multa non a impón calquera, a presunción de veracidade está ligada á actuación do funcionario, unha ??orde de embargo? non a firma un traballador dunha administración pública coa condición de laboral, á hora de ??levantar acta? ou ??dar fe? das actuacións dunha comisión de selección, quén o faga ha de estar habilitado dacordo coa lei para tal cometido; xa nin sequera debera haber persoal laboral na composición da comisión de selección, ¿onde se atopa a pretendida ??salvaguarda de los intereses generales?? ¿quénes son os seus gardas?.. Esta é unha práctica habitual por aquí e por alá; podendo apoiarse tal actuación en criterios de axilidade, de non ter que convocar a persoal doutra administración, de utilización do persoal do que se dispón?,como sempre encontrámonos co dilema da economía no proceso,e a garantía dos dereitos, nos facemos as regras de xogo e nos as violentamos. ¡o de sempre!. Bo día.

charly · 4-09-2009 a las 21:41

Meu Deus donde vivias antes ti cando JOVERNABA Luis,que hasta mantiña o dereito de Pernada.pero podes sernos util para ternos o dia,destes temas,

Responder a kaos_todosirve Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.