Satisfacción pola concesión de 2.875,20 euros para a biblioteca de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, ven de comunicar ao Concello de Pontecesures a concesión da subvención de referencia para a biblioteca municipal, situada na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», nº 22 con cargo ao Programa de cofinanciamento das adquisición de materiais das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Agora o concello ten que aceptar a subvención antes do 26 de setembro e xustificar o investimento antes do 15 de novembro.

Se dúbida, esta é unha boa nova para a nosa bilioteca, que está a cumprir este ano o seu XXV aniversario.

O goberno local quere potenciar o uso da bilioteca (temos un amplo horario, aumentáronse os equipos informáticos, contamos coa rede WIFI no recinto para uso de portátiles dentro e fóra do edificio, aumentamos os fondos documentais, etc…). Queremos seguir investindo para mellorar unha biblioteca en beneficio de todos.

Pontecesures, 19 de setembro de 2009


10 comentarios

pontecesurex · 18-09-2009 a las 19:35

Sabariz deberias saber que a rede wifi da biblioteca, no funciona dende ai meses, e eso xa se deberia de saber no momento de escribir esta entrada.
Non sei de quen depende o mantemento da mesma, pero e unha pena que por deixadez no funcione, porque habia moita xente que lle daba uso.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-09-2009 a las 10:24

A rede WIFI interna da biblioteca, «pontecesurex» funciona perfectamente. A externa deixou de funcionar polo seguinte: Había usuarios que dende os seus domicilios descargaban películas, música, etc.. e iso provocaba un problema, porque dentro da biblioteca non funcionaba o sistema e non ían os ordenadores dos usuarios da instalación. Foi necesario suspender o sistema WIFI exterior. Porén, aínda hai usuarios das zonas próximas á biblioteca e algúns que se achegan en coches ás proximidades que operan con certa normalidade coa rede interior.
� posible que en vindeiras datas quede en servizo a rede exterior de novo, pero sempre fóra do horario de apertura ao público da biblioteca.
Pido desculpas por se non me expliquei ben. De temas informáticos non controlo practicamente nada.

Tiroliro II · 19-09-2009 a las 19:26

Co que fala a Cacharra na biblioteca xa se pode escribir un libro gordo, contos, rumores, amoríos, eche un libro aberto

pontecesurex · 19-09-2009 a las 21:21

Por certo, ¿que fechas ai para a rede Wifi de todo o municipio?

Decesures · 20-09-2009 a las 23:16

A min tamén me interesaría saber como vai ou como funciona iso da rede wifi para todo o municipio.

pandorcas · 22-09-2009 a las 16:51

Pois a min, por motivos relacionados co meu traballo, teño moitisimo interese que a rede WIFI chegue a miña casa.

pontecesurex · 22-09-2009 a las 18:01

Non sei a onde chegara, nin as condicions que tera para o seu uso, pero como vaia tan ben coma os plazos que estan dando, manda carallo.
Que si para finales de 2008, que si nun mes estaba instalada e levan mais de 3 meses a voltas…

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-09-2009 a las 21:08

Sin duda merecidas las críticas. Entre mediciones, estudios, antenas etc..,la empresa adjudicataria no da resuelto este tema del WIFI y esto esta afectando, como no podría ser de otra manera, a la credibilidad de la institución.
Naturalmente asumo mi responsabilidad en la parte que me toca. Esperemos que todo quede resuelto cuanto antes y se pueda dar un servicio con una información previa clara y transparente.

manolo o do bombo · 22-09-2009 a las 21:52

Pandorcas como a tua casa non estea no centro do pobo levala clara ,fracaso total meteronos un gol de carajo.

Tiroliro II · 25-09-2009 a las 18:50

O wifi non arranca e randulfe cansouse de anuncialo a todo quiste, cree que vai levar voto xoven? que carallazo vai levar, nin xoven, nin vello, nin ostias, xa lle chaman o yo-yo, porque anda por aí polos bares, yo traigo, yo hice, yo en la diputación, yo trabajo, que fracaso vai levar dios mío, non lle cae ben a nin dios, que siniestro,

Responder a pontecesurex Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.