Contestación do concelleiro de relacións institucionais ao BNG de Pontecesures sobre o comedor escolar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1. Na visita do pasado día 24 de agosto, o Xefe Territorial de Educación, Pérez Ares, comprometeuse a que un técnico viría ao colexio para elaborar o proxecto dunha nova construcción no recinto escolar para instalar o comedor, dicindo que, logo de facelo, se ía estudar o custo da obra e a posibilidade de executar a mesma. Hai pouco lle recordei o compromiso pois desta visita nada sabemos. Na visita de Cores Touris trasladóuselle esta necesidade, xunto con outras varias, sen facer o delegado territorial da Xunta promesa algunha sobre isto.

2. Recibo con ledicia a nova de que o BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para incluir a obra. ? unha mágoa que non se lembrara antes, cando formaba parte do goberno bipartito en épocas de bonanza económica. Isto é o que a xente non entende dos políticos. Lémbranse dos investimentos cando están na oposición, logo de gobernar. Se lle da tanta importancía agora de súpeto ao comedor escolar do CPI Pontecesures o BNG. ¿Por que non tomaron a decisión cando cogobernaron na Xunta? ¿Porque o alcalde anterior pasou totalmente do comedor?

3. ? certo que o delegado anterior co bipartito, Cristóbal Fernández Vázquez, prometeu o investimento do comedor en 2007, e que éste non foi cumprido. Pero dicir que a culpa foi de Luis Sabariz porque foi apartado das siglas do PSOE é insólito e resulta unha acusación de política clientelar e de corrupción contra o anterior delegado. Se as familias de Pontecesures necesitan o comedor. ¿Que terá que ver a adscrición política miña?.

4. Coñece todo o pobo de Pontecesures que sempre fun un defensor do comedor tanto dende a ANPA, que presidin once anos, como dende o meu posto de concelleiro. Foron imnumerables os escritos, as chamadas, as visitas e todo tipo de xestións diante das autoridades de educación. Poden corroboralo os anteriores delegados Fraga Boullosa, Fernández Vázquez e o actual xefe territorial. Tamén a oficina técnica de educación, os membros das xuntas directivas das ANPAS, dos consello escolares, da corporación municipal…

5. Tamén coñece a veciñanza que non son dos que abandono as miñas obrigas como concelleiro. Fun especialmente reivindicativo en conquerir melloras para o noso centro como na construcción do ximmnasio, na ampliación do patio escolar, na consecución do transporte escolar, na mellora das instalacións do centro, na construcción do pequeno patio cuberto que temos, na instalación de xogos no recinto, e de moitas actuacións máis. ? inxusto tratarme así, logo de adicar tantas e tantas horas, con erros e acertos, claro, a este cometido.

6. O importante é que se consiga o comedor, e por iso vou seguir a traballar dentro do goberno local. O agocharse non vai conmigo. ? único responsable de que non se instale o comedor é a Consellería de Educación. Xa demostrei que non son dos que me agocho o 16 de xuño de 2007, cando non posibilitei a reelección do anterior alcalde nacionalista. Saín coa cabeza alta porque os concelleiros non adscritos e os membros da miña lista tomamos esa decisión que era a mellor para os intereses de Pontecesures, polas razóns que explicamos tantas veces. Senón fixera iso si sairía agochado por ceder ante as políticas partidarias por encima das conviccións cando se me había informado que iso non ía suceder.

Pontecesures, 26 de novembro de 2009

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais.


2 comentarios

Cara de cona · 27-11-2009 a las 19:24

Ben saba…e como o café instantaneo…nota do bloque e…… zas contestacion inmediata…..ben largado o do comedor….pero que se iba preocupara angueira polo comedor….se nin vive en Cesures….ben largado ese día da bomba atómica….o 16 de xuño de 2007…jo…jo…jo…os do bloque marcharon camiñando e reindo aquel dia e tomaron champan no bar taxi……berraban e decian que angueira volvía en tres meses…..jo…jo…jo…que adivinos…e din que o saba anda agachado….botoulle mais huevos que o cabalo do apostol aquel día…que polvorete levaron aquel día aquela clac de seguidores de conveniencia……e o que lle queda…jo…jo…jo…

Tiroliro II · 27-11-2009 a las 20:18

Bueno e certo, precisamente sabariz leva anos pedindo o comedor, cando o bloque sempre pasou desto, sabariz en educacion fixo moito polo colexio, sera o que sexa pero eso o di todo o mundo, van a por el pero vaille costar esquivalo, queren tumbalo pero non cala, penso que o fai porque ten todo moi clariño, a merda esta no bng

Responder a Cara de cona Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.