Celebrouse o venres, 12 de febreiro a asemblea da ANPA do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Só seis asociados asistiron á asemblea da ANPA que se celebrou na biblioteca do CPI Pontecesures. Como tamén había outros seis directivos, pódese dicir que a reunión foi case en familia.
Por unanimidade aprobouse a acta anterior, as contas, e a suba da cota da ANPA que pasará a ser de 9 euros por familia.
A presidenta explicou temas relacionados co seguro, coa pertenza da ANPA a CONFAPA Pontevedra e coa celebración do proximo certame das Letras Galegas entre os alumnos dos colexios da zona que esta vez organizará a ANPA de Pontecesures.
Tamén a directiva anunciou a celebración das vindeiras eleccións para elixir os novos cargos, ao esgotarse o mandato de dous anos.
Houbo un longo e animado debate sobre temas de interese para comunidade educativa. Así insisteuse no positivo que sería contar co comedor escolar, engadindo a directiva que o concello debe ser máis dilixente nas tarefas de mantemento do centro e que a institución municipal debe contar máis coa ANPA nas cuestión educativas, como por exemplo, cando hai visitas das autoridades ao colexio.


2 comentarios

DON PEPITO · 13-02-2010 a las 15:45

Podese apreciar pola asistencia, que a o pobo de Cesures importalle moito a educacìón dos seus fillos. Que pena…

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-02-2010 a las 16:07

Sí, realmente é triste a apatía e o desinterese. O mesmo ocorre cando se convocan escolas de pais que ás veces case hai que suspendelas por falla de pais/nais. Logo falamos do botellón, dos comas etílicos dos menores nas fins de semana, do fracaso escolar, dos actos de gamberrismo, etc… Todos somos un pouco culpables do que está a pasar.
Fun a asemblea e hai que dicir que a directiva da ANPA semellaba decepcionada pola escasa asistencia. Lóxico.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.