Aparece un visón na rúa Nova de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A primeira hora da tarde apareceu un visón de cor marrón oscuro de tamaño considerable na rúa Nova. O can de Socorro Frois decatouse da presencia na parte traseira da súa propiedade. O visón cruzou ata un caleixón da propia rúa e o persoal do Seprona, que foi avisado, non foi quen ata o de agora de atrapalo e metelo nunha gaiola. Escapou para a leira traseira da vivenda baleira situada no nº 7 da rúa.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.