A Deputación contratará cinco peóns para traballos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende o 1 de xuño, ata o 30 de novembro (6 meses) a Deputación de Pontevedra contratará a cinco peóns, asumindo o 100% do custo de salarios e da seguridade social, para o servizo «Mantemento e limpeza de camiños e regatos de Pontecesures». O concello só ten que facilitar os medios materiais e a roupa de traballo.

Para a selección, a Deputación presentará na Oficina de Emprego de Vilagarcía a correspondente oferta de emprego para logo elixir os traballadores da lista de preseleccionados que lle envíe a oficina, unha vez realizada a sondaxe.

Faise un chamamento aos desempregados cesureños que teñan interese na contratación que actualicen, senón o teñen feito, todos os datos na Oficina de Emprego de Vilagarcía co fin de optar á selección. Poden obter información no despacho do técnico de emprego de Pontecesures (tfno.: 986/564403).

Felicítase o concello pola iniciativa da Deputación. Estas contratacións son moi necesarias na actual coxuntura económica e ademais necesitamos traballadores para o mantemento dos servizos.

Pontecesures, 05/05/10


18 comentarios

lito · 5-05-2010 a las 19:11

AAAAAAAAAAAAAAa jajajaja,que me parto………..e facedes un chamamento aos desempregados……..para que? para que volvan entrar coma no obradoiro de emprego os amiguetes da alcaldesa, de Louzan etc non? que vergonza.Por favor non lle fagades falsas ilusions á xente.Como si foran a chamar a alguén sin ter enchufe……..

Xitano · 5-05-2010 a las 19:54

Moi ben, Sr. Sabariz, despois póra na páxina os contratos dos traballadores? Ou as fotos? Visto lo visto.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-05-2010 a las 23:02

Pois, «lito», estou satisfeito dos procesos selectivos que realizou o concello nesta lexislatura. Houbo sempre tribunais nos que non formou parte ningún político e confio na súa labor. Estes traballadores van ser elixidos pola Deputación Provincial, non polo concello, cunha preselección previa realizada pola oficina de emprego con número limitado por praza. Nada teño que dicir en canto aos criterios da Deputación xa que se trata dun procedemento alleo ao concello. A miña obriga e informar a todo o mundo para que se saiba, e para que os interesados teñan os datos actualizados na oficina de Vilagarcía.

    lito · 6-05-2010 a las 10:36

    Que estas sadisfeito de que? dos procesos selectivos?anda home non me fagas rir…………cantos nombres queres que che diga que entraron con enchufe no obradoiro home……… ti quéresme facer parvo e non o son. Mira, teño dous veciños que os meteron por enchufe no obradoiro de emprego, e que conste que eles mesmos me dixeron,» que o que non chora non mama», e ata aquí podo ler,…………. e inda onte me dixeron, que a cambio lles están pedindo facer cousas que non teñen que facer, exemplo, pedir par as festas do Carmen.
    Osexa que non me veñas conque a xente a selecciona a Deputación nin Perico o dos palotes. A Deputación, pidelle a oficina de emprego, Exemplo: Pois os que estean inscritos coma peons, ou personal de oficios ou o que sexa; a oficina mándallos, imaxinemos que 30 e logo o Axuntamento di, este si, este non…………e todo unha mafia.
    O que me jode de verdad, e que lle creades ilusions a xente que está no paro e que o está a pasar mal, para que se apunten ao traballo este na oficina de emprego. TEMPO E VIAXE PERDIDO A VILAGARCIA.
    Perdón polo tostón.

estudiante · 6-05-2010 a las 08:54

Ti eres hipócrita e falso. Porque non tes dito neste medio nin en ningún outro nada de nada das contratacións de tres personas no concello, tres contratación feitas polo concello de persoal administrativo?
Porque non dixeches nada disto?
Cacareas constantemente os principios para o emprego público, entre eles o de publicidade, pero a estas contracións non se lle deu publicidade, xa non ajora que están feitas, que tampouco, senón antes como era a vosa obrigación. o que as converte case en fraudulentas. aina que sean por pouco tempo. Fartacheste e inda sijes ca msias acantinela de denunciar a Anjeira polas contratacións e ajora caes no mismo,
Máis seriedade e menos demagoxia, e sobre tod menos caradura,
No tocante aos postos da Diputación todo o mundo sabe e ti tamén, por suposto, que solo se contrata a quen quere o PP, sólo.
Estaste a rir de todos con esta propajanda. ASCO.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-05-2010 a las 22:34

Pois, «lito», reitero que confío no tribunal do obradoiro e paréceme unha acusación sen base insinuar que algunhas alumnas van presionadas para pedir para as festas. Non teño a menor dúbida de que colaboran voluntariamente e hai que agradecerlle o gran labor que fan a prol de todos. Sería gravísimo que tiveran por iso prebendas do concello ou que se discriminase ao que non vai. Xa houbo estas acusacións noutros anos, e nunca houbo tratos de favor para ningún colaborador na´súa relación laboral.
? a Deputación, «lito», a que recibe a listaxe da oficina de Vilagarcía dos peóns preseleccionados e a que elixe os cinco de Pontecesures. O concello é alleo ao proceso e non teño porque dicir nada.
? certo, «estudiante» (ou «bngpontecesures» que utilizas o mesmo alcume) que entre os días 18 de abril e 18 de xuño están contratadas tres auxiliares administrativas para as oficinas (Concepción Enrique Cordo, Luz Rodríguez Potel e Inmaculada Conde Campaña). Foi por tres razóns:
1. Houbo unha baixa médica da única auxiliar administrativa do Concello.
2.Se está a espera do envío de dúas auxiliares nos programas de cooperación 2010 da Consellería de Traballo, pero aínda se demora a resolución
3-Estase a piques de celebrar a oposición para cubrir una praza de auxiliar admnistrativo.
Contratouse a estas tres traballadoras ( habían cesado hai pouco tempo) porque xa superaran non hai moito as probas selectivas en concello e deputación e non se debía esperar a outro procedemento que tardaría varios días, sen auxiliar algún nas oficinas (sobre todo para dous meses). ? unha situación excepcional, como a que ocorreu, por exemplo, no verán pasado, no que Mª Dolores Gerpe Jamardo, que rematara había uns días a relación no concello atendendo a biblioteca, foi contratada para suplir á titular nas súas vacacións entre o 20 de xullo e o 21 de agosto de 2009. Xa había superado a selección había pouco, e para un mes estimouse válido utilizar a selección xa realizada.
Para rematar desexo trasladarlle o meu apoio incondicional a este persoal, que queda en entredito polo comentario de «estudiante». Aquí non houbo amiguismos, nin enchufismos, nin discriminacións por razón algunha. Son boas traballadoras e demostráronno tanto na selección como no traballo que realizaron e realizan. Este concelleiro deu e da a cara por elas aínda que lle chamen caradura, falso e hipócrita. ¿Quén será máis hipócrita, «estudiante»?. ¿Haber se es quen de decirlle a elas o teu comentario á cara identificándote con nomes e apelidos?. Por suposto que non caerá esa breva. Xa falta menos para as eleccións e creo que xa me entendedes. Pero esta covardía tamén se pagará, «estudiante» (ou «bng pontecesures»). Seguro.

estudiante · 7-05-2010 a las 09:13

Eu non teño ningunha cousa en contra destas tres traballadoras ni de ningunha outra, e si ti afirmas o contrario falo tí non eu. Segues a intentar manipular todo o que queres como fas sempre,
A miña crítica non vai contra elas, non te confudas, vai contra ti, e exclusivamnete contra ti, nin siquera nesta ocasión cos teus socios.
Ti que o informas todo, ata as cousas máis ridículas, non informaches absolutamente nada destas contratacións e caláches a boquiña pero ben caladiña, Esa é a verdade, só das explicacións ajora porque non che queda mías remedio, O resto son manipulacións e merda,
Aquí ninguen falou de eleccións neste comentario, falo ti. Será porque tes moito interés.

lito · 7-05-2010 a las 10:37

Que mal royo…………

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-05-2010 a las 14:42

Expliqué claramente lo sucedido, y la situación excepcional que hubo que afrontar y no se puede, a la vez, culparme a mí y defender a las trabajadoras. Eso es buscar la cuadratura del círculo. Si hay acusaciones contra mi persona se está llamando implicitamente enchufadas a las contratadas. Lo harías con descaro si fueran familiares mías o formasen parte de la candidatura que concurrió conmigo a las elecciones. Como no es así, quieres quedar bien con ellas. Pero, «estudiante», (o «bngpontecesures», pues utilizas el mismo apodo), ahora no hay vuelta atrás. Tu formación queda mal y lo teneis bien merecido. Quisiste obtener réditos electorales y «fuiste a por lana y saliste trasquilado» como la famosa frase.
Intereses electorales tienes bastantes y ahora reaccionas picado. Punto y final.

KELLY · 8-05-2010 a las 08:35

hola a todos, eu estou no obradoiro, non entrei por enchufe e a alcaldesa non nos obliga a pedir para as festas foi voluntario. estou cansada que se faga comentarios de que todos entramos por enchufe, que nos tiramos todos os do obradoiro a alguien do ayuntamiento, e xa esta ben, ao que no entrou, e anotouse que pregunte por qué. gracias e perdon polas faltas de ortografía.

manolo o do bombo · 8-05-2010 a las 10:28

Serias a unica que non entrou por enchufe,eu sei de varios.

KELLY · 8-05-2010 a las 11:36

hola a manolo do bombo eu non sei sobre os demais integrantes do obradoiro, pero penso que a entrevista que se nos fixo foi decisiva a hora de entrar no obradoiro, cando vin o meu nome na lista de admitidos quedei moi sorprendida porque non pensei que me colleran,non creo que todos foran a dedo, pero hay comentarios que sobran, teñome presentado outras veces e nunca o conseguira pero desta vez si, ahi queda a miña versión. gracias un saudo

Cara de cona · 8-05-2010 a las 18:56

estan jodidas co bloque as do obradoiro….andan a largar por aí…e despois lle van ir pedir o voto….pois vanlle das ostias o ano que ven..teñen cada estratega que valgame dios…..o Saba na sua salsa feliz…..en todas as potas…ja…ja..jo..

piris · 11-05-2010 a las 11:03

Agora que falades do obradoiro. ? certo o que se comenta de que maioritariamente dan clases teóricas porque non hai cartos para material?. En canto a si os do obradoiro teñen que pedir para as festas e colaborar na festa da lamprea, cada un é libre de facer o que lle pete, pero…… a mín recordame o que me conta meu avó dos tempos do alcalde franquista

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-05-2010 a las 14:46

Segundo as miñas informacións, non é certo o que dis «piris». Se están a impartir as clases teóricas previstas no obradoiro de emprego, e se están a adquirir os materiais que se precisan como non poderían ser doutro xeito. Hai un control por parte da administración autonómica en canto ao funcionamento, e non sei a que veñen estes comentarios ou rumores sen base algunha.
En canto ás persoas que piden para as festas, xa está todo dito. Cada un pode facer o que queira e colaborar con quen queira. En Pontecesures hai unha absoluta liberdade de opinión e de actuación. Iso é de gran importancia. No concello eu nunca practiquei nin o amiguismo nin o enchufismo. Tampouco se favoreceu ou se discriminou a ninguén por razóns de militancia ou simpatía política con ningún grupo, ou por colaborar ou non colaborar en asuntos ou iniciativas municipais. Teño que reiterar unha cousa sí: Grazas á entrega e dedicación dunha serie de persoas que colaboran pedindo polas portas se recadan uns cartos que son moi importantes para que se organicen as Festas do Carme. Isto hai que valoralo. Porén, algunhas persoas de Pontecesures sempre están analizando este tema, insinuando que estas persoas son «pelotilleros» do poder. Non hai dereito de que por enriba de colaborar, reciban estás críticas.

KELLY · 11-05-2010 a las 16:13

hola de novo, no obradoiro estamos a dar a teorica que temos que dar, nadie nos obliga a pedir para as festas, as festas son para todos e todas non son do ayuntamientamiento, si non as do pobo de pontecesures, si se queren festas hay que pedir para poder facelas. A Alcaldesa Maribel pideunos si queriamos participar pedindo para as festas, en ningun momento nos obligou, si non todo o contrario foi voluntario, o que queira pensar, que se nos obligou de algunha maneira ala a conciencia de cada un.
Eu, non votei pola alcaldesa, pero gustoume, cando falou connosco, desde aqui, quero decirlle, a señora alcaldesa, mereces o meu respeto, que non e fácil estar no teu puesto, que tes un par de ovarios ben postos, porque a pesar de todo sigues, non todos estamos en contra, desde o meu punto de vista estas a facelo ben. gracias . un saudo, insisto e a miña opinion

Tiroliro II · 11-05-2010 a las 18:22

Que o bloque veña a dar leccions de como elexir o persoal da a risa, en epoca de angueira entraron a dedo familiares e xente do bng a esgalla, exemplos a tira con xurxo o do gasoil de primeiro, calade ata meteu un primo angueira que tan capacitado estaba para os incendios que deixou ir un jeep por un barranco no monte e escarallouse todo, que elementos, que comidas paparon, como nos tomaron o pelo, a cantos vgos mantuvemos

yop · 11-05-2010 a las 19:02

Todo é protestar, as veces ata sen argumentos…

Responder a Xitano Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.