Remata a obra de acondicionamento do pavillón de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Hai uns días rematou a terceira das obras incluidas no Plan E 2010. Logo de executarse o saneamento dunha variante da rúa do Campo en Porto, e de realizarse a obra de mellora no Campo de Fútbol Ramón Diéguez (reforzo dunha parte do muro perimetral de cerre, acondicionamento da beirarrúa que limita coa instalación, iluminación da tribuna e recuperación do local baixo dita tribuna), a semana pasada rematou a obra «Acondicionamento do Pavillón de Deportes de Pontecesures», que tivo un custo de 12.143,74 euros.

En concreto, colocáronse novas portas no recinto, tamén novos asentos que faltaban nas tribunas e unha rede tras as porterías para reter os balóns e facilitar a práctica do fútbol sala. Foi pintada a zona de entrada no exterior do edificio e foi construída unha varanda de protección na zona de asentos da tribuna como medida de seguridade e para protexer ditos.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.