Festival de remate de curso da ANPA do CPI Pontecesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será o sábado, 29 de maio, e comezará ás 16:05 no pavillón polideportivo coa exposición na entrada dos traballos dos nenos de pintura, técnicas de estudo, manualidades e puntos de cruz (actividades extraescolares da ANPA).
Dende ás 16:30 horas, e xa na pista, os nenos de tenis, batuka, danza clásica, kárate, defensa persoal, patinaxe e teatro farán a súa representación.
Aos nenos que participaron nas actividades extraescolares entregaráselle un agasallo.
A continuación dará comezo no patio escolar unha pequena festa na que haberá inchables, mesa de debuxo, barra de bar e festa da escuma.
? necesario presentar o carnet da ANPA para participar nos xogos, amosando o recibo de pago da cota. Os non socios deberán pagar 3 euros.
A Xunta Directiva da ANPA quere dar as grazas públicamente aos colaboradores deste evento.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.