Petición de subvención para obras na Praza de Abastos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

? abeiro da Orde de 26 de xullo de 2010, da Consellería de Economía e Industria, o Concello de Pontecesures solicitou unha subvenciónde 19.153,87 euros para financiar o 75% dun investimento de 25.538,50 euros na Praza de Abastos de Pontecesures.

Preparouse así un documento técnico, en función das necesidades que presenta esta instalación, recollendo as suxerencias dos titulares dos postos de venda. En concreto, pretendense arranxar o vello problema de filtración de augas polos locais engadidos ó edificio, colocando novos canalóns e baixantes, instalar fiestras nos ocos da fachada principal e posterior do edificio, pois por eles entra auga nos días de choiva, tratamento da estrutura de madeira da cuberta e
aplicación dunha nova pintura de poliuretano no pavimento.

Tamén preténdese colocar un novo mostrador para a venda de peixe con reixa de recollida de líquidos nas bancadas para a súa evacuación á rede de saneamento. Por último, pretendemos renovar a instalar eléctrica que se atopa obsoleta e que incluso ten riscos pola súa antigüidade.

O goberno local espera que a subvención sexa concedida, pois un dos seus obxectivos é que a praza estea nas mellores condicións posibles, para fomentar a actividade comercial na mesma.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.