A Comisión de Asuntos Xerais de Pontecesures celebra sesión hoxe, 25 de novembro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será ás 19:30 horas, coa seguinte Orde de Día:

1. Acta anterior.

2. Escrito do Comité de Empresa do Complexo Ambiental da Mancomunidade de Concellos «Serra do Barbanza» solicitando a aprobación en pleno de moción de apoio á viabilidade da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Lousame e á Mancomunidade do Barbanza.

3. Moción do grupo municipal do BNG de apoio á viabilidade da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Lousame e á Mancomunidade do Barbanza.

Estes asuntos da planta de Lousame serán tratados no pleno ordinario que terá lugar o 29 de novembro, ás 20:30 horas.

Tamén hoxe, ás 19 horas, celebrará sesión a comisión de Obras, Infraestruturas e Serivizos, para tratar varias solicitudes de licenza de obras maiores de particulares.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.