Comezaron as obras de acondicionamento da praza de abastos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Por un importe total de 25.538,50 euros, dos que a Consellería de Economía e Industria subvenciona o 75 % comezou a obra na praza de abastos de Pontecesures co pintado das vigas do edificio.

Vaise renovar a instalación eléctrica, o pavimento e os postos de bancada con nova recollida de augas. Tamén vanse arranxar os canalóns do espazo gañado ao edificio da praza no pasado (onde se atopa o taller de zapatería) e vanse colocar ventás nos ocos da parte superior do edificio.

Posiblemente na semana que ven vai ser necesario instalar unha carpa provisional anexa ao edificio, xa que o novo pavimentado vai impedir a actividade comercial no recinto.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.