Espérase unha elevada participación no desfile do Entroido de Pontecesures na tarde de mañá.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Mañá domingo, 6 de marzo, terá lugar o festival de Entroido de Pontecesures. Rematado o prazo de inscrición para comparsas infantís e de adultos, hai inscritas para participar 4 comparsas infantís (de 4 a 14 anos) e 6 comparsas de adultos. Só o número de participantes nestas 10 comparsas vai rondar as 200 persoas, e coma curiosidade, unha delas está integrada por case medio cento de veciños da localidade.

Ademais, hai un bo número de inscritos nas categorías de individual e parellas, polo que se prevé ter un bo desfile de Entroido.

As inscricións poderanse facer no entorno da Plazuela, onde se anotarán aos participantes dende as 16 ata as 17 horas. O horario de comezo do desfile está previsto para as 17.30 h., percorrendo as rúas principais da vila, e retornando á Plazuela, onde o duo ??Caché? amenizará o concurso e a festa.

Finalmente farase a entrega de premios a partir das 19 horas, no caso dos cativos, e posteriormente aos infantis e adultos.

DIARIO DE AROUSA, 05/03/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.