O Concello de Padrón, sí, contesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Co novo cambio político, novos aires, novas ideas parecen entrar no Concello padronés esquecendo aquelas actitudes sobre as cales moitos cidadáns solían manifestar os consabidos comentarios cando non conseguían resposta as súas queixas, como : «non saben, non contestan», ou alegando o tan socorrido «silencio administrativo», etc.

Pois ben, agora o Concello sí contesta (como debe ser a súa obriga), alomenos así se pudo comprobar recentemente ao responder a pesares do curto tempo dende a toma de posesión da nova Corporación, ás demandas veciñais dende moito tempo atrás con respecto a limpeza e adecentamento do espazo do Pasadizo do Arco que comunica coa rúa Rosalía de Castro, nunha das entradas ao casco histórico da vila.

Unha vella reivindicación que ven a sumar coas obras de mellora noutras rúas, que neste caso a anterior Corporación levou a cabo seguindo o plan E nacional . A rúa Santo Domingo é un magnífico exemplo, entre outras, aparte as de inmobles que seguen a aproveitar as axudas do programa de rehabilitación vixente; obras todas que están a por do mais fermosa a capital do Sar, merecendo eloxiosos comentarios de turistas e visitantes que en importante número a cotío ata aquí chegan.

E asemade coma cando de facer constructiva crítica toca, non dubidamos, tampouco debemos escatimar os parabéns aos responsables do Concello cando coma no caso actual cremos que son merecedores por canto a tarefa beneficia a toda a cidadanía que é quen disfrutará deses logros .

E finalmente abondando neste senso, facernos eco nesta columna da satisfacción con que os padroneses en xeral acolleron as manifestacións do novo alcalde, Fernandez Angueira, días atrás nunha entrevista co director de â??Tierrasâ??, Juan Salgado, principalmente ao respecto de que «O legado de Cela, debe quedar en Padrón» como a outros temas que na ampla entrevista deu a coñecer.

Por José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 09/08/11

Categorías: Opinión

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.