O proxecto de formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures acada a máxima subvención da Consellería de Educación por ser un dos mellor valorados.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

 

O Proxecto de Formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures, entre os mellor valorados, acada a subvención máxima da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial fixo pública a proposta de Resolución das Subvencións para a realiza­ción de actividades de formación de adultos durante o ano 2012

Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A  avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos  -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na  convocatoria, 6.000?. O actual curso 2011/2012 iniciouse con 27 alumnos e alumnas, a maioría do noso Concello, o pasado mes de setembro, asumindo o Concello os custos deste primeiro cuadrimestre, cuxa realización permite que o alumnado de Pontecesures obteña tan bos resultados nas probas (a media de aprobados dos últimos anos é dun 80% entre os alumnos propostos para as probas oficiais) xunto coa calidade profesional e dedicación da mestra que imparte as clases.

A Actividade formativa dirixida ás persoas adultas para a preparación das probas de obtención do título de graduado en Educación Secundaria mediante a presentación ás probas extraor­dinarias que convoca anualmente a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mediante a matriculación do alumnado na modalidade a distancia da Educación Secundaria de persoas Adultas realízase en coordinación co centro de Educación Permanente de Adultos de Pontevedra.

O Concelleiro delegado da área e Alcalde en funcións Roque Araujo quixo, así mesmo desexar sorte aos alumnos e alumnas que na vindeira semana concorren ás probas oficiais, e lembrou a importancia e interese desta actividade que permite acadar a titulación educativa básica, imprescindible para a inserción laboral, a aqueles   veciños e veciñas que, por diversos motivos carecen da mesma.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.