Presentadas 320 sinaturas reclamando contra a suba das taxas da auga, dos sumidoiros e do cemiterio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de onte, e dentro de prazo de exposición pública de aprobación da modificación destas ordenanzas, foron presentadas no rexistro xeral do concello 320 sinaturas de veciños de Pontecesures ou de propietarios de inmobles reclamando contra a suba das taxas.

O escrito literalmente dí:

«Os abaixo asinantes, veciños de Pontecesures, ou con inmobles en dito municipio, alegan contra a suba das taxas do auga, do saneamento e do cemiterio acordada inicialmente no pleno do 19 de novembro e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 21 de novembro.

As razóns son que as economías familiares e as de todo tipo de establecementos comerciais non poden soportar nestes intres de crise estas subas en servizos de primeira necesidade. Débense atopar outras solucións de aforro no concello, pero nunca adoptar estas medidos que nos prexudican a todos.

Solicitamos así que as subas nas tres taxas queden sen efecto.».

As 320 reclamacións veciñais xunto coas presentadas polo PP. por IP e pola ACP (oposición municipal) deben ser agora debatidas nun pleno para aprobar ou non a modificación da taxa coas subas decididas cos seis votos do goberno local (BNG/PSdeG-PSOE/TeGa).


2 comentarios

Cara de cona · 21-12-2012 a las 19:43

A clave das firmas……Manola a la libreria……como raja contra o goberno……estaban firmando ben tamen na de Gerardo…..pero se acojonaron……a señora colleu medo……Manola non….e pequena…pero brava……..jo..jo..jo….

Princo · 22-12-2012 a las 11:40

Moito che gusta dar nomes.

Cando nomees a alguén, non sexas cobarde, e mostra o teu nome tamén.

Cobarde

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.