O luns 28 de xaneiro, pleno ordinario en Pontecesures ás 20:30 horas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Orde do día:

1. Actas anteriores.
2 Modificación da ordenanza fiscal da taxa da auga. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
3. Modificación da ordenanza fiscal da taxa do cemiterio. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
4. Modificación da ordenanza fiscal da taxa de summidoiros. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
5. Acordo entre o Concello de Pontecesures e o rexistrador de Caldas de Reis a efectos da comunicación prevista no artigo 254.5 la Lei hipotecaria.
6. Regulamento municipal das prestacións económicas específicas do programa básico de inserción social do Concello de Pontecesures. Aprobación inicial.
7. Moción da ACP sobre o arranxo da megafonía do Salón se Sesións da Casa do Concello.
8. Moción do grupo municipal do P.P. sobre arbitraxe de consumo e canxe de participaciòns preferentes e obrigas subordinadas.
9. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
10. Informes da presidencia.
11. Rogos e preguntas.

Dende a ACP, este concelleiro fai un chamamento á veciñanza para que asista ao pleno. Vanse tratar asuntos importantes (por exemplo, contra a suba das taxas, puntos 2, 3, e 4, presentáronse 320 reclamacións de veciños ademais das de PP, IP e ACP) e sempre é interesante coñecer de primeira man o debate e as postura das diferentes forzas no pleno tantos no puntos da orden do día como na quenda de rogos e preguntas.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures.


2 comentarios

piris · 27-01-2013 a las 15:16

Neste Pleno o Sr. Alcalde ten a oportunidade, e na miña opinión a OBRIGA, de aclararnos a todos os cesureños se nos presupostos aprobados o pasado mes había algunha irregularidade. Os cidadáns temos o DEREITO a saber se o equipo de goberno cometeu algunha irregularidade, ou se na oposición temos algún CONCELLEIRO MENTIREIRO que se dedica a dar leccións de honradez a todo o mundo, pero ENGANANDO os veciños.
Espero que o Sr. Alcalde o aclare todo

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-01-2013 a las 23:55

Vaia lideira tes cos orzamentos, «piris». ? bo que veñas ao pleno, vémonos alí.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.