A megafonía do Salón de Plenos de Pontecesures segue sen arranxarse.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como a megafonía do Salón de Plenos da Casa Consistorial de Pontecesures levaba moitísimo tempo sen funcionar, a ACP presentou unha moción ao Pleno o pasado 10 de decembro para que se acometera o arranxo con urxencia xa que o público asistente ao plenos, os membros da corporación, e os medios de comunicación tiñan verdadeiras dificultades para seguir os debates plenarios. Os veciños queixábanse desta deficiencia e dábase unha mala imaxe da institución

Pois ben; a moción foi debatida no pleno ordinario de xaneiro e foi aprobada cos votos a favor dos concelleiros da oposición e as abstencións dos integrantes do goberno local. Pero na práctica non se arranxou nada e estamos como estabamos. Falouse no pleno por parte do goberno local de que había humidades que afectaban ao cableado e dificultaban o arranxo, e non sabemos nada máis.

Non entende a ACP como non se soluciona este asunto, amosando unha vez máis o goberno local a súa inoperatividade. Somos sempre partidarios de fomentar a información aos veciños e a participación cidadá e o equipo de goberno practica todo o contrario.

No pleno ordinario de novembro xa fora rexeitada polo goberno local outra moción da ACP para que os veciños tiveran a opción de formular rogos e preguntas ao rematar os plenos ordinarios e agora nin se arranxa a megafonía. O sexa; os veciños de Pontecesures nin poden falar ao remate dos plenos nin, alomenos, escoitar o que se debate.

Esperemos que a deficiencia sexa arranxada en breve para non vernos na obriga de acodir cun megáfono de batería en futuras sesións. Será mellor iso que fallarlle ao respecto aos asistentes.

Pontecesures, 16/02/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


2 comentarios

piris · 17-02-2013 a las 12:50

Supoño que o equipo de goberno estará a esperar un PRESUPOSTO, para non cometer irregularidades…….. (como fixeron outros?)

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-02-2013 a las 14:21

Logo de tantos meses. o arranxo da megafonía, trámites e xestións incluídas, debe ser acometido canto antes.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.