Ã? tempo de camelia no concello de Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A camelia anticipa a chegada da primavera e pecha o frío do inverno. Antes de que murchen, o concello de Valga apura a celebración da VII edición da Exposición da Camelia Bella Otero, que terá lugar a vindeira fin de semana, aínda que moitas actividades xa se están levando a cabo ao longo destes días. Organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Albor, en colaboración co Concello, o certame incorpora novas actividades nas que a protagonista indiscutible é esta flor de inverno.
Así, a ruta da camelia é un dos principais atractivos nesta nova edición. Presentarase un pack turístico onde se fará unha ruta pola zona valguesa de producción de camelias e rematará cunha visita guiada ás excavación da Igrexa Vella. Os interesados poderán degustar un menú polo prezo de 6,50 euros.
Tamén están en marcha as xornadas formativas a través da Rede. Os alulmnos da Aula Cemita elaborarán un traballo de investigación sobre a camelia para presentalo nunha exposición. «A Camelia en Valga» é unha aula didáctica posta en marcha como actividade extraescolar para que os nenos amplíen os seus coñecementos sobre esta flor.
O vindeiro sábado 16 de marzo, ás 10 horas, levarase a cabo no Auditorio municipal do concello de Valga a recepción das camelias dos expositores e ás 12:30 terá lugar a Ruta da Camelia Bella Otero,. Xa ás 13 horas será a quenda de inauguración e apertura de exposición ao público. A plantación sa camelia conmemorativa será ás 17 horas no cruce Camiño Real e, posteriormente, ás 17:30 horas procederase á entrega de premios. A continuación, ás 18 horas os solistas da Escola de Música municipal amenizarán a xornada.
O domingo, día 17 de marzo, a partir das 11 horas, terá lugar a apertura da exposición de camelias. Xa pola tarde, ás 18 horas. será a quenda do enxeñeiro agrícola forestal especialista en hortofruticultura e xardinería Fernando Gerino Ferreirós, que se encargará de achegar os seus coñecementos aos veciños do municipio na conferencia «Técnicas básicas para o coidado, cultivo e propagación da camelia». Os interesados poderán visitar a mostra ata ás 20:30 horas, cando se procederá a clausurar a exposición.
O principal obxectivo do certame é animar aos expositores a participar na iniciativa e aumentar o interese por esta flor invernal, o seu cultivo, a divulgación, así como o respecto polo medio natural.
A mostra «Camelia Balla Otero» constitúe unha das grandes citas na comarca do Umia/Ulla para os amantes desta flor. Os participantes gañadores na mostra recibirán unha fermosa camelia das variedades da colección da Deputación de Pontevedra.

DIARO DE PONTEVEDRA, 13/03/13


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.