Moción da ACP sobre rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 16/11/12 presentouse por parte desta agrupación unha moción para o establecemento dunha quenda de rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios. O goberno local, no pleno ordinario de 26/11/12, rexeitou a moción dicindo o concelleiro, Ángel Manuel Souto Cordo, que ía preparar para o seguinte pleno ordinario un regulamento de participación cidadá, sempre dependendo da súa ??carga de traballo? pois o executivo local era partidario das intervencións pero con orde.

Pois ben; celebráronse os plenos ordinarios de xaneiro e marzo, e o vindeiro 27 terá lugar o de maio, pero do regulamento prometido, nada de nada. Non sabemos a ??carga de traballo? do Sr. Souto pero a xestión do equipo de goberno está baixo mínimos (non hai orzamentos, non se adxudicaron as actuacións subvencionadas polo AGADER, non se adxudicaron as obras do Plan de Investimentos da Deputación, no municipio hai maleza e lixo por todas partes, etc?). Cremos así que o mellor é presentar de novo a moción para o seu debate plenario, porque sempre é máis positivo o rogo ou pregunta espontánea do público que unha quenda encorsetada e regulamentada con anterioridade á sesión. Ademais, deste xeito, alixérase a ??carga de traballo? do Sr. Souto que sempre poderá adicarse a xestionar outros asuntos coa súa dedicación exclusiva que pagamos todos os vecinos.

Presentamos así a seguinte moción:

ESTABLECEMENTO DUNHA QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS PARA O P?BLICO AO REMATAR OS PLENOS ORDINARIOS.

O artigo 228.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón que rematadas as sesións plenarias, o alcalde pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal, correspondéndolle ao propio alcalde ordenar e pechar este turno

Para a ACP é moi convinte que nos plenos ordinarios os veciños teñan esta posibilidade. ? unha medida importante para fomentar a participación cidadá, para dinamizar a vida municipal, para achegar o concello aos veciños nestes intres de desconfianza nas administracións, e para amosar unha imaxe de claridade e transparencia.na xestión dos asuntos de todos.

Hai que ter en conta ademais que esta quenda co pleno rematado non require trámite algún (nin sequera a redacción de actas), nin ten custo para o concello.

En consecuencia, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

-Instar á alcaldía para que se acceda a esta posibilidade legal e que a partir do pleno ordinario do 27 de maio os veciños poidan efectuar os seus rogos e as súas preguntas ao rematar os plenos ordinarios.

Pontecesures, 18/05/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

Cara de cona · 22-05-2013 a las 20:06

Ben presentada a mocion…..o luns van is os das preferentes de cesures o pleno……e queren falar moito ali……hai que darlle turno…..Saba non teras ti preferentes tamen?…….. non seras dos da camiseta…….hai pillin….ti como fuches arbitro….xa che pagaron co arbitraxe……..jo…jo…jo….

Responder a Cara de cona Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.