A zona próxima á entrada da nave municipal de obras do Concello de Pontecesures en estado lamentable.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

malenave

Nesta fotografía, pódese apreciar o estado do espazo municipal próximo a antiga entrada de cantería da nave de obras do Concello de Pontecesures. Maleza de más de metro e medio «adorna» esta zona, que tamén está a caron do CPI Pontecesures, do albergue de peregrinos e da escola infantil.

Vaia imaxe estamos a dar. Os membros do goberno, e os encargados de obras, comproban isto todos os días cos seus ollos diante dunha instalación municipal e pasan do tema. A inoperancia e a falla de planificación das tarefas municipais chama a atención aos veciños que se queixan a miúdo da xestión do goberno que temos.

Pontecesures, 29/06/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.