O PP DE PONTECESURES CUESTIONA ? GRUPO DE GOBERNO NO PROCESO DE CREACI?N DAS BRIGADAS CONTRA INCENDIOS. NOTA ÍNTEGRA.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado mes de Abril a Xunta de Galicia impulsaba un convenio cos 28 municipios pertencentes ó distrito forestal XIX polo que as localidades interesadas poderían dispor de equipos de entre 4 e 6 persoas para realizar labores de limpeza, desbroce e extinción de incendios.

Mesmo despois de que algún dos partidos da oposición demandara do goberno municipal que se asinara ese convenio coa Xunta, o grupo de goberno anuncia que ten practicamente cerrado un acordo individual coa Xunta para a creación dunha cuadrilla de catro integrantes para dito fin.

Días máis tarde a Mancomunidade do Ulla-Umia, á que pertence Pontecesures, convoca ós representantes dos 5 municipios coa intención de avanzar no proxecto de constituír a través da mancomunidade brigadas anti incendios para os 3 meses de verán, reunión á que asistiu o concelleiro Roque Araujo en representación de Pontecesures, o cal preguntado sobre o asunto indicaba na prensa que lle parecía un bo acordo para o concello.

Indudablemente que o era. A mancomunidade presentou datos que avalaban o seu proxecto, de tal xeito que a Xunta de Galicia achegaría o 75% dos custos de persoal e materiais e a cantidade restante sería aportada pola Mancomunidade, co que a contratación de dúas brigadas para Pontecesures non tería custo para as arcas municipais.

Nun xiro imprevisto, o goberno municipal do noso concello desestima a proposta da Mancomunidade, sendo o único dos 5 convocados que non se adhire a este convenio e opta por manter a súa proposta inicial dunha brigada de 4 persoas con un custo para os veciños cesureños que ronda os 7.000 ?.

Deste xeito tan insólito o noso grupo de goberno opta pola opción de contratar unha brigada de 4 membros con un custo de 7.000 ? en lugar de contratar 10 cesureños sen custo algún.

Unha vez máis asistimos a outra mostra de xestión ausente de criterio lóxico, lesiva para os intereses dos veciños e desnortada no resultado. Nesta época tan falta de postos de traballo o resultado da xestión municipal son 7.000 ? máis de gasto e 6 persoas menos do noso pobo contratadas.

Semella que Pontecesures voltou ó século XVIII no Despotismo Ilustrado, cando era ??Todo por el pueblo pero sin el pueblo..?

No día de hoxe, seguro que moitos veciños de Pontecesures e principalmente o colectivo de artesáns do churro, terían dado ós membros do goberno municipal algunha que outra idea onde gastar ese diñeiro nestas festas do Carmen.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.