Declaración oficial da Corporación Municipal de Pontecesures ante o accidente ferroviario de Santiago de Compostela

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A Corporación Municipal de Pontecesures, reunida de xeito extraordinario decidiu adoptar a seguinte Declaración Institucional:

Na véspera do Día de Galicia, a nosa terra foi golpeada por un terrible accidente ferroviario que ocasionou un grande número de vítimas mortais e feridos de diversa gravidade.

Por desgraza, a conmoción provocada por este accidente é aínda maior na nosa vila, cando puidemos confirmar que un dos falecidos, Antonio Jamardo Villamarín, é natural de Pontecesures.

En nome de todos os veciños e veciñas de Pontecesures queremos expresar as nosas condolencias ás familias de todas as vítimas deste suceso, e moi especialmente á deste veciño.

Este Concello únese a declaración do Consello Extraordinario da Xunta, e declara sete días de loito oficial así como o ondeo das bandeiras a media hasta con crespón negro durante este período, como mostra da tristura e pésame de todos os cesureños e cesureñas coas vítimas.

Tamén convoca a toda a veciñanza mañá 26 de xullo ás 12 do mediodía na Plazuela a cinco minutos de silencio, coma símbolo de solidariedade cos afectados por este tráxico suceso, e en especial co conveciño Antonio Jamardo.

Por último, agradecer aos equipos de auxilio, protección civil, corpos e forzas de seguridade, sanitarios, e en xeral, a todos os cidadáns que de xeito voluntario colaboraron nas tarefas de socorro no accidente.

Pontecesures, 25 de xullo de 2013


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.