O Concello de Pontecesures solicita asfaltados.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 05/09/13 o alcalde de Pontecesures asinou a seguinte resolución da alcaldía:

«Vista a Orde de 8 de agosto de 2013 de Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no D.O.G. nº 152 de 9 de agosto de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo FEDER:

RESOLVO:

1. Aceptar as condicións de financiamento de demáis requisitos establecidos na devandita orde; polo que o concello pode solicitar unha axuda de 46.000 euros (80%); asumindo os restantes 11.500 euros (20%).

2. Adherirse xuno cos concellos de Caldas de Reis, Moraña e Portas, e presentar un proxecto global no que se recollan diversas actuacións en cada concello, pois os proxectos mancomunados de varios concellos acadan máis valoración segundo a orde.

3. Solicitar unha subvención por importe de 57.500 euros para a realización das obras de asfaltado que se mencionan máis adiante; englobadas nun proxecto conxunto mancomunado dos catro concellos solicitantes, por importe total de 230.000 euros, correspondéndolle a cada concello un 25% (57.500 euros).

4. A actuación que presenta o Concello de Pontecesures recollida neste proxecto refírese ao asfaltado de 13 rúas e puntos dos camiños municipais, segundo memoria elaborada polo arquitecto municipal.»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.