O GOBERNO DE PONTECESURES REITERA A S?A PETICI?N DE ENTREVISTARSE CO VICEPRESIDENTE DA XUNTA PARA TRATAR A XESTI?N DAS EMERXENCIAS EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Dende o mes de setembro pasado, por parte do Equipo de Goberno do Concello de Pontecesures, veñense solicitando distintas entrevistas na Vicepresidencia da Xunta de Galicia sen ter resposta a día de hoxe. Non queremos pensar que non se nos recibe porque o tema a tratar son as emerxencias en Pontecesures. Levamos un ano con este asunto. Mantivose un primeiro contacto no mes de febreiro e dende aquela se nos esta ocultando toda a información con respecto á distribución dos grupos de emerxencias (GES) en Galicia. Queremos que a Vicepresidencia nos de moitas respostas sobre as emerxencias en Pontecesures. Pero a verdade a día de hoxe non conseguimos ni que nos reciban.

Sabemos que o tema dos GES estase levando con moito oscurantismo que empeza a cheirar un pouco mal.

Por eso dende o goberno de Pontecesures reiteramos a Vicepresidencia que se nos reciba coa maior brevedade posible.


1 comentario

sobreiras · 8-11-2013 a las 18:05

E ainda din que nun ano nin os reciben, que vergonza, cobrando tres personas no goberno non fixeron nada, deixaron embarcados os voluntarios, agora cos GES decididos tiranlle do aire, hai un en Valga e outro en Padrón, o que había que lograr e que entrara xente tamen de Cesures neses grupos, non vai haber outro GES aquí, agora nada, que devolvan os coches de emerxencias que polo menos non se gasta gasoil, morre todo neste pobo, fracaso como un mundo, mira ti cando saca o goberno esta nota, tarde, mal e tomandolle o pelo a todos

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.