I Ruta BTT Valga

Publicado por Antonio Cortés en

I BTT ValgaO Trisquel Club Ciclista organizou este pasado 17 de novembro, unha novedosa e divertida ruta de BTT, ruta esta que contou ca colaboración do Concello de Valga, de protección civil de Valga, da Deputación de Pontevedra e distintas empresas patrocinadoras da comarca.

A esta I RUTA BTT VALGA asistiron 250 participantes, que tomaron a saída dende o pavillón municipal de Beiro en Cordeiro ás 09:40h para realizar un percorrido de 38 km moi rompe pernas, con continuas subidas e baixadas polos montes de Outeiro, Vilar, Cordeiro, Setecoros, Eirexe e Cerneiras. O primeiro participante rematouna ás12:03 h.

O evento asistiron distintos Clubs e afeccionados de toda Galicia, entre os que se encontraba a actual campiona do open de España de cross Country 2013 Lucía Váquez.

Logo tódolos participantes e asistentes puideron desfrutar duns pinchos ao mesmo tempo que se sorteaban entre todos eles uns agasallos doados por dintintas casas comercias.

Dende O Trisquel CC queremos unha vez máis agradecer a colaboración das distintas casas comercias, de todas as persoas que colaboraron no marcado do percorrido, das que estiveron axudando durante a ruta, a protección civil e ao Concello de Valga, pola súa inestimable colaboración.

Dada a grande cantidade de felicitacións recibidas por parte de participantes e asistentes, sen todos eles, colaboradores e participantes, este éxito no que se convertiu esta I Ruta BTT de Valga non sería posible.
Enlace fotos:

http://rutabttvalga.blogspot.com.es/p/fotos.html

http://otrisquelcc.blogspot.com.es/


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.