Nada se sabe da «XX Festa da Lamprea» de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

A menos dun mes da celebración da edición deste ano aínda non sabemos nada sobre os actos festivos da XX Festa da Lamprea. O goberno local de Pontecesures, como sempre, espera a última hora para facer pública a programación. Xa coñecemos ao detalle unha serie de actos festivos que se van celebrar para a exaltación da lamprea na veciña vila de Padrón anunciados polo concello (charlas divulgativas, exposicións, degustación en establecementos, etc..) pero de Pontecesures, capital da lamprea na comarca, todavía non sabemos nada.

Resulta triste comprobar a apatía do goberno local que padecemos que convocou todavía esta semana reunións con colectivos para tratar da programación dos actos a menos dun mes do evento. Estamos ante as improvisacións e as ocorrencias de última hora de sempre que inflúen negativamente na celebración.

Nin na vixésima edición da festa reacciona o goberno local. Nos últimos anos a Festa da Lamprea de Pontecesures devalouose moitísimo e parece que neste imos polo mesmo camiño. Estase a tirar pola borda o traballo de varias corporacións anteriores que traballaron dabondo para dar a coñocer un manxar dos máis exquisitos da gastronomía galega e do que viven bastantes familias de Pontecesures.

A falla de ilusión e a pouca capacidade de traballo caracteriza a un goberno local a pesar de que tres integrantes do mesmo teñen unha adicación exclusiva remunerada. Lamentable.

Pontecesures, 25/02/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.